Partido Popular de Lugo

MANUEL PENADO ARROJO QUERE UN CASTROVERDE MÁIS DINÁMICO E PARTICIPATIVO

José Manuel Barreiro e Manuela López Besteiro acudiron á presentación da candidatura popular en Castroverde

José Manuel Barreiro e Manuela López Besteiro acudiron á presentación da candidatura popular

Xoves, 3 de maio de 2007.- O Partido Popular de Castroverde presentou hoxe a súa candidatura para as vindeiras eleccións coa participación de José Manuel Barreiro, nas que Manuel Penado Arrojo tentará facerse coa alcaldía. Barreiro expresou o seu apoio ao candidato popular e salientou a necesidade de que Castroverde se sume ao proxecto do Partido Popular. “Os concellos non progresan nen van para diante se non teñen antes un proxecto para o desenvolvmento do municipio, pero para iso hai que contar primeiro cun bo equipo”, explicou Barreiro quen afirmou que o Partido Popular en Castroverde conta con xente disposta a desenvolver un proxecto que saque para diante o municipio.

Barreiro explicou que o Partido Popular traballa para as persoas contando con elas e “escoitando á xente” porque entende a política como unha forma de servizo aos demais. “Á política hai que vir a resolver os problemas dos cidadáns e non os problemas propios”, comentou o presidente provincial.

Asi mesmo, Barreiro rexeitou aquelas formas de entender a política como un enfrontamento, “iso non conduce a nada bó para os veciños” explicou o presidente provincial, quen considera necesario dar un xiro político ao municipio para que se integre no proxecto de futuro para a provincia de Lugo do PP.

Nese senso, o candidato á presidencia da Deputación Provincial amosouse convencido de que o PP volverá a gobernar na maioría dos concellos de Lugo porque “os lucenses saben quen defende mellor os seus intereses e quen se adica a ir vendendo fume e a hipotecar o futuro dos pobos”, comentou José Manuel Barreiro.

Pola súa banda, o aspirante á alcaldía, Manuel Penado, amosouse optimista cara os próximos comicios e confiado en que a súa candidatura á que definiu como “xente preparada e con moitas gañas de traballar” dará a sorpresa no municipio.

O candidato popular puxo de manifesto o descontento dos veciños co actual goberno municipal e comentou que “chegou o momento de sacar a Castroverde do seu letargo”. Penado explicou que Castroverde non pode seguir sendo un municipio “que espera a ver o que lle dan, senón que temos que reclamar activamente máis investimentos e dotacións”.

Referiuse tamén Penado á falta de transparencia do actual rexedor e anunciou que, de ser elexido, centrará as súas prioridades en abrir as portas do concello aos cidadáns, fomentando a participación de todos nos asuntos que lles afecten e desenvolvendo unha política baseada no consenso. “Gustaríame contar con todos aínda que acade a maioría suficiente para gobernar pois todo o mundo pode aportar algo positivo ao concello”, comentou Penado. O candidato popular adiantou a súa intención de implantar en tódalas parroquias as novas tecnoloxías da comunicación e de crear un centro de día para os maiores.

 

Manuel Penado e a súa candidatura queren levar a transparencia ao concello de Castroverde

Manuel Penado e a súa candidatura queren levar a transparencia ao concello de Castroverde

CANDIDATURA PP CASTROVERDE.-

1. Manuel Penado Arrojo
45 anos, veterinario.

2. José Manuel Fernández Núñez
44 anos. Gandeiro.

3. Jorge Veiga Carballedo
32 anos. Licenciado en Empresariais.

4. María Josefa Gómez Pallín
25 anos. Mestra.

5. Julio Enrique Fernández Álvarez
29 anos. Ferreiro.

6. David López Otero
20 anos. Gandeiro.

7. Jesús Fernández Besteiro
26 anos. Fontaneiro de calefacción.

8. José Manuel Rey Vázquez
33 anos. Albañil.

9. José ángel Troitiño Gude
34 anos. Gandeiro.

10. María Lourdes Torrón Ramos
36 anos. Diplomada en Maxisterio.

11. Manuel Ramos Penelo
53 anos. Empregado madeirista.

SUPLENTES

1. Consuelo Muñiz González
41 anos. Gandeira.

2. Victoriano Villauriz Pereira
61 anos. Funcionario.

PRENSA
PARTIDO POPULAR