Douscentos barreirenses participaron na cea presentación da candidatura de Alfonso Fuente Parga |
Luns, 30 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro asistiu hoxe en Barreiros a unha cea na que se presentou a candidatura do PP de Barreiros que encabeza Alfonso Fuente Parga. Na súa intervención, Barreiro criticou a dobre vara de medir da Xunta de Galicia en materia urbanística “que acusa ao PP de facer un mal urbanismo cando os peores exemplos témolos na Mariña en tres concellos gobernados polo PSOE”. O presidente provincial explicou que no caso de Barreiros, os socialistas tentaron utilizar o urbanismo contra o PP para dar unha imaxe de catástrofe pero “o urbanismo estoupoulles nas maos, mentres que eiquí cúmprese a lei”.
Barreiro explicou que a errática forma de actuar dos socialistas en urbanismo débese a que non conciben a política como unha forma de traballar polos cidadáns senón de enfrontamento cos demais, e contrapuxo esta actitude coa do PP, “que se preocupa por solucionar os problemas aos veciños”. Nese senso, criticou a actitude despótica da Xunta de tentar decirlle á xente o que lle convén mentres que “no PP pensamos que a xente é intelixente dabondo para saber o que é mellor para ela”.
O presidente provincial do PP afirmou que a política intelixente é a que fai compatible a sostenibilidade co progreso, algo que non está a ocurrir co bipartito da Xunta de Galicia o cal, segundo Barreiro, “trata de arruinar o futuro de Barreiros con decisións políticas” e, por iso, pediu aos veciños que lle lembren a PSOE e BNG o que están a facer con Barreiros cando cheguen as eleccións.
Engadiu tamén que para que un pobo vaia para diante ten que haber primeiro un proxecto de futuro, “algo que en Barreiros só demostrou ter o Partido Popular, mentres que outros adícanse a confundir e a vender fume”. Advertiu tamén Barreiro sobre as verdadeiras intencións da oposición “que o único que quere é que non goberne o PP” e engadiu que “en política custa moito facer cousas novas e moi pouco desfacelas”.
Pola súa banda o candidatao á reelección, Alfonso Fuente Parga, presentou a súa candidatura introducindo algunhas caras novas pero sen prescindir de ninguén xa que, segundo explicou, “os que non repiten na lista continuarán colaborando co proxecto popular en Barreiros”.
Fuente Parga explicou que nos últimos anos Barreiros experimentou un forte crecemento que trouxo progreso económico e xeración de riqueza ao municipio, algo que só foi posible gracias a que o PP “traballou moito pola xente de Barreiros, non como outros que obedecen ao que lles mandan dende a Xunta dando a espalda aos veciños”, comentou o candidato popular para quen a oposición municipal non soubo estar á altura do que merecen os veciños. Neste senso criticou a utlización política do urbanismo contra o concello e defendeu o urbanismo sostible e responsable de Barreiros, “fronte ao que se fixo en concellos veciños gobernados polos socialistas como Foz ou Ribadeo”.
Para os vindeiros anos, Fuente Parga propuxo aos veciños novos proxectos para seguir mellorando a calidade de vida como a creación de novas infreaestructuras de comunicación no concello, como a estrada para canalizar o tráfico das praias e que xa está aprobada pola Deputación.
CANDIDATURA BARREIROS.-
1. José Alfonso Fuente Parga
Ten 35 anos está casado, ten dous fillos e é asesor fiscal.
2. José Manuel Gómez Puente
40 anos. ATS no Centro de Saúde de Barreiros.
3. José Rojo Blanco
33 anos. Empregado.
4. Adelina Rodríguez Fernández
57 anos. Xubilada, presidenta da Asociación de Veciños de Reinante.
5. Lorenzo Penabad Bolaño
56 anos. Empregado.
6. María Mar Sante García
37 anos. Empresaria autónoma.
7. María Alina Rodríguez Díaz
34 anos. Enfermeira no Hospital da Costa.
8. Concepción Fernández Iglesias
44 anos. Ama de casa.
9. Vanessa López Rocha
26 anos. Administrativo.
10. José González Piñeiroa
63 anos. Xubilado.
11. José Otero Méndez
43 anos. Profesor no IES de Foz.
SUPLENTES
1. María Remedios García Leyva
38 anos. Ama de casa.
2. Ana Isabel Yáñez Fernández
27 anos. Administrativo.
3. Javier Fernández López
30 anos. Empregado.
PRENSA
PARTIDO POPULAR