Partido Popular de Lugo

BARREIRO ESTÁ CONVENCIDO DE QUE O PP MANTERÁ OS 2 DEPUTADOS PROVINCIAIS DO PARTIDO XUDICIAL DE CHANTADA

Barreiro e Feijoo acompañaron á candidatura de Manuel Lorenzo polo paseo fluvial do río Asma

Barreiro e Feijoo acompañaron á candidatura de Manuel Lorenzo polo paseo fluvial do río Asma

Domingo, 29 de Abril de 2007.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo e o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, participaron este mediodía na presentación da candidatura de Chantada. O equipo de Manuel Lorenzo Vázquez Rodríguez tamén estivo arroupado por centos de afiliados e simpatizantes que se sumaron a este acto.

O Presidente Provincial dixo estar convencido de que o partido “manterá os 2 deputados provinciais que dependen do partido xudicial de Chantada “á vista dos méritos, do ánimo, da ilusión e das ganas de traballar que ten, desta candidatura, así como a de Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Palas de rei, Portomarín e Taboada non cabe outro resultado”.

José Manuel Barreiro tamén tendeu a man aos afiliados chantadinos para que sigan dando a súa confianza ao proxecto do PP. O Presidente Provincial conminoulles a selo exército de vendedores, e a cadea de transmisión do proxecto popular”.

Do candidato, José Manuel Barreiro, destacou a súa loita por proxectos importantes para Chantada “puxo en valor o seu conxunto arquitectónico, apostou por melloras nas dotacións verdes e xardíns e deulle unha volta ás infraestructuras das 36 parroquias da zona rural”.

Críticas ao bipartito.-

O Presidente Provincial e candidato á deputación foi crítico co tratamento do Goberno bipartito da Xunta de cara a comarca “nestes anos de bigoberno non se investiu nin un euro na Comarca de Chantada”.

O máis lamentable, segundo puntualizou José Manuel Barreiro, é a capacidade que están demostrando en apropiarse de proxectos e obras que o goberno do PP deixou comprometidas. O Presidente Provincial do PP referíase ao último anuncio da Xunta sobre a ampliación da depuradora de augas residuais. José Manuel Barreiro explicou que sendo Conselleiro quedou feito un proxecto para facer unha depuradora nova.

O alcaldable  e a súa candidatura .-

O candidato á alcaldía, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, dixo que se presenta a estes comicios cun aval importante “cumprimos o 80% do noso programa”. Manuel Lorenzo puntualizou que é necesario que o Partido Popular continúe gobernando porque “temos ideas novas e a forza e a ilusión dunha candidatura que traballará por e para todos os chantadinos”.

O parón de infraestructuras vitais para a comarca foi outro dos puntos que destacou o Presidente Provincial “un dos casos máis sangrantes é o da parálise da autovía Chantada-Monforte. O estudio informativo foi contratado polo PP, e debería estar rematado en agosto de 2004. 34 meses despois todo segue igual.

Durante a súa intervención o candidato enumerou os logros realizados, durante os últimos oito anos. Aludiu á mellora total e a posta en valor do urbanismo no municipio coa creación de importantes dotacións verdes.

Outra infraestructura importante foi a posta en marcha, hai algo máis dun ano, do centro de día “unha infraestructura exemplar xa que está sufragada con fondos municipais”.

Por último destacou a aposta decidida pola xuventude coa construcción da piscina climatizada e a creación e potenciación de escolas deportivas, entre outras cousas.

O alcaldable do PP de Chantada rematou a súa intervención presentando, un por un, ao membros do seu equipo.

Manuel Lorenzo presentou a súa candidatura nunha comida con simpatizantes

Manuel Lorenzo presentou a súa candidatura nunha comida con simpatizantes

Tralo xantar a candidatura con Manuel Lorenzo Varela Rodríguez á cabeza guiou aos dirixentes do seu partido ata o paseo fluvial do rio Asma. “Este proxecto é un exemplo de que en Chantada o PP cumpre coa palabra dada, xa que a obra formaba parte dos compromisos electorais de 2003” puntualizou o candidato.


Visita a Taboada.-

O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xunto co Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, trasladáronse a continuación ata o concello de Taboada onde visitaron as obras da residencia da terceira idade.

 
Esta infraestructura para os maiores da comarca é hoxe realidade gracias ao esforzo do actual alcalde do PP e candidato á alcaldía, José Ramos , que xestionou a compra, nun lugar privilegiado, dos terreos onde se está a construir a residencia. Nesta operación investíronse 180.000 euros. A residencia está moi ben situada, en zona urbana preto do Centro de Saúde e da Praza de Muñelos. Os seus usuarios terán cerca un parque y Alameda.
 
O concello taboadés tamén comprometeuse a facilitar todos os servicios, incluído o subministro eléctrico con potencia suficiente.
 
A comitiva de dirixentes do Partido Popular achegouse logo ata o polígono industrial de Taboada. Aquí pudieron comprobar o estado da obra da cooperativa Aira, unha empresa de pensos que aglutina a 12 cooperativas. A producción prevista da planta, que estará a plena rendemento en 2008, será de 400 millones de kilogramos de penso anuais (máis dun millón por día).

Os dirixentes do PP de Galicia visitaron as obras da cooperativa Aira, en Taboada

Os dirixentes do PP de Galicia visitaron as obras da cooperativa Aira, en Taboada

 

CANDIDATURA CHANTADA.-

1. Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

2. María Susana López Abella

3. José Castor Novoa Fernández

4. Manuel Diéguez Carballo

5. María Cándida Carnero Blanco

6. José Luis Janeiro Rodríguez

7. María Isabel Carbón Seijas

8. Óscar Caseiro Prado

9. Laura Rodríguez López

10. Vicente Jorge Brigos

11. María Guadalupe Goyanes Jorge

SUPLENTES

1. Ana María Rodríguez Díaz

2. Manuel José Vázquez Regal

PRENSA
PARTIDO POPULAR