Partido Popular de Lugo

EMILIO LOUSAS MUIÑA: “EN ALFOZ NON HABERÁ UN ALTO NO CAMIÑO NIN PARA COLLER FOLGOS”

Emilio Lousas sustitúe a Antonio Gómez Rigueira ao fronte da candidatura popular de Alfoz

Emilio Lousas sustitúe a Antonio Gómez Rigueira ao fronte da candidatura popular de Alfoz

Sábado, 28 de abril de 2007.- José Manuel Barreiro arroupou hoxe á candidatura do PP de Alfoz no acto da súa presentación polo cabeza de lista Emilio Lousas Muiña, quen sustitúe ao actual alcalde alfocense, Antonio Gómez Rigueira ao fronte da lista popular.

Barreiro comezou a súa intervención eloxiando o labor de Antonio Gómez Rigueira nos seus anos de alcalde, “en Alfoz hai un antes e un despois de Gómez Rigueira”, dixo o presidente provincial quen salientou a vocación do alcalde polo seu pobo. Para o presidente provincial “os veciños souberon recoñecer nel a quen traballaba e se preocupaba polo concello” e afirmou que esa forma de concebir a política é a que defende o Partido Popular, “unha política de feitos e de solucionar os problemas da xente e non de crealos como están facendo os que nos gobernan na Xunta”.

O candidato á presidencia da Deputación Provincial explicou que o PP é o único partido que defende “un proxecto para as persoas contando con elas” a diferenza de outros “adícanse a buscar confrontación e a romper a convivencia”.

Barreiro pediu aos veciños que, ao igual que fixeron con Gómez Rigueira, brindaran o seu apoio a Emilio Lousas, “unha persoa próxima, con capacidade profesional e humana que leva tempo traballando para os veciños” dixo Barreiro.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Emilio Lousas Muiño, aclarou a súa decisión, “que sorprendeu a moitos”, de encabezar a candidatura popular en sustitución do ata agora alcalde Antonio Gómez Rigueira. Lousas Muiño explicou quería saldar unha débeda con Alfoz, “eiquí me casei e traballei toda a miña vida e penso que teño unha débeda que é momento de pagar”, explicou.

Emilio Lousas presentouse como unha persoa con experiencia na realidade municipal que sabe cales son as necesidades do concello, “por convivencia e por oficio coñezo os problemas de Alfoz e dos seus veciños case que un por un”, dixo. Referiuse a súa candidatura como un grupo de persoas preparadas e capaces que o ían axudar a facer o mellor por Alfoz, e anunciou que ven á política coa esperanza de que o concello non se deteña no camiño do progreso iniciado por Gómez Rigueira. Neste senso avanzou que presentaría as súas propias iniciativas con independencia e engadiu que “non vai haber un alto no camiño nin para coller folgos”.

O candidato popular ofreceu aos veciños o seu “traballo incansable e diálogo aberto e non discriminatorio no tratamento dos problemas comúns”, diálogo que fixo extensivo aos seus rivais políticos aos que tendeu a mao, “espero que sigamos sendo amigos aínda que esteamos en trincheiras políticas distintas”, concluiu.

CANDIDATURA.-

1. Emilio Lousas Muiña
Ten 57 anos está casado, ten dous fillos e é funcionario.

2. Antonio Ramos García
50 anos. Empresario.

3. Fidel García Cayón
64 anos. Empresario.

4. María Pilar Rivas Fraga
41 anos. Funcionaria.

5. Juan José Fraga Paz
30 anos. Enxeñeiro Técnico Agrícola.

6. Constantino Paleo Rejes
47 anos. Empregado.

7. María Rosa Febrero Rodríguez
38 anos. Profesora de Primaria.

8. María Fernanda Casabella Méndez
36 anos. Empregada.

9. Remedios Expósito Pernas
36 anos. Agricultora.

10. Fernando Rico Val
32 anos. Conductor.

11. Jesús Paz Pumares
56 anos. Agricultor.


SUPLENTES

1. José López Franco
43 anos. Empregado.

2. Marco Vázquez López
28 anos. Autónomo.

3. Cándido Valeriano Yáñez González
37 anos. Empregado.

4. José Luis Cao Veiga
46 anos. Empregado.

5. Jorge José Vázquez Artiaga
28 anos. Empregado.


PRENSA
PARTIDO POPULAR