Partido Popular de Lugo

A CANDIDATURA DE Mª JOSÉ VÁZQUEZ LORENZO, DISPOSTA A POÑER FIN A “CATRO ANOS DE PARÓN” EN GUITIRIZ

Barreiro arroupou á candidatura de Mª José Lorenzo onte pola noite en Guitiriz

Barreiro arroupou á candidatura de Mª José Vázquez Lorenzo onte pola noite en Guitiriz

Xoves, 26 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro acompañou onte pola noite á candidata popular á alcaldía de Guitiriz, Mª José Vázquez Lorenzo no acto de presentación da súa candidatura para as vindeiras eleccións e que contou coa asistencia de máis de 250 veciños. Na súa intervención, Barreiro salientou a importancia e fortaleza do proxecto político popular en comparación co dos outros partidos “porque baséase en feitos e en saber escoitar á xente”, e contrapuxo esta concepción da política coa practicada nos últimos catro anos polo goberno socialista en Guitiriz. Barreiro destacou que en política non basta con prometer cousas, “hai que cumplir, e en Guitiriz falouse moito e vendeuse moito fume pero fíxose moi pouco”.

Para Barreiro existe unha clara diferenza entre a forma de facer política do Partido Popular e a que fan outros partidos, “en política custa moito facer cousas pero moi pouco desfacelas”, afirma o candidato á Deputación, e puxo como exemplo o labor do bipartito da Xunta de Galicia “que de seguir así vai acabar con toda a obra de Manuel Fraga de dezaseis anos”.

Salientou tamén que o PP é un partido que vai coa verdade por diante e que actúa en positivo mentres que outros entenden a política como unha forma de confrontación permanente, “acúsannos de crispar pero o que ocorre é que o país está indignado co que está pasando en Galicia e en España”, dixo Barreiro.

Ademais, Barreiro resaltou a importancia para un concello de contar con equipos de traballo capaces como o que ten o PP de Guitiriz porque “en contra do que tentan facer crer algúns, os políticos non somos todos iguais”, comentou o candidato á presidencia da Deputación quen lembrou a importancia de que un partido conte con principios e valores “porque sen eles non se pode construir unha sociedade forte e cohesionada”, engadiu.

Pola súa banda, a candidata á alcaldía, Mª José Vázquez Lorenzo agradeceu ao presidente provincial a súa confianza nela e a liberdade recibida para confeccionar a súa candidatura. A cabeza de lista dixo que na elaboración da súa lista quixo abrir as portas a todo aquel que quixera traballar por Guitiriz e que a súa era unha candidatura “para gañar”. Vázquez Lorenzo explicou que todos os candidatos que a acompañan teñen como denominadores comúns “a súa honradez, a súa proximidade coa xente e a súa ilusión de traballar polo futuro de Guitiriz para poñer fin a catro anos de parón”.

Máis de 250 veciños de Guitiriz asistiron á cea presentación

Máis de 250 veciños de Guitiriz asistiron á cea presentación

CANDIDATURA.-

1. Mª José Vázquez Lorenzo
Ten 40 anos e vive na parroquia de Buriz.

2. María Carmen Saavedra Lourés
Guitiriz

3. Ángel Vázquez Folgueira
Pigara

4. José Blanco Méndez
Santa Leocadia.

5. Ana López Roca
Guitiriz.

6. José Manuel Paz López
Villares.

7. Jesús Grandío López
Piedrafita

8. José Juan López Rodríguez
Vilar.

9. Beatriz Iglesias Freire
Villares.

10. Esperanza Olinda Díaz Martínez
Pigara.

11. Carlos Rodríguez Sanjurjo
Santa Marina.

12. Marta López Torres
Sambreixo.

13. Javier González Roca
Parga.

SUPLENTES

1. María Luz García Miragaya
Santa Marina.

2. Gumersindo Vázquez Paz
Buriz


PRENSA
PARTIDO POPULAR