Partido Popular de Lugo

CASTOSA RENOVA EN COSPEITO A SÚA CANDIDATURA NUN 70% PARA AFRONTAR NOVOS PROXECTOS DE FUTURO

Armando Castosa considera que non hai ningún motivo para que o PP non revalide a maioría en Cospeito

Armando Castosa considera que non hai ningún motivo para que o PP non revalide a maioría en Cospeito

Mércores, 25 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, e mailo deputado autonómico, Agustín Baamonde, acompañaron esta tarde en Cospeito ao candidato á alcaldía do Partido Popular, Armando Castosa Alvariño no acto de presentación da súa candidatura para as eleccións do vindeiro 27 de maio. Barreiro amosouse convencido de que o PP volverá a revalidar e mesmo ampliar no concello a maioría absoluta da que disfruta Castosa, quen leva dezaseis anos ao fronte do municipio. Para Barreiro, ese apoio dos veciños ao PP “é o resultado do labor cotián que fixo Castosa nos seus anos de alcalde, nos que soubo traballar pola xente e estar a disposición dos veciños para resolverlles os problemas aos veciños escoitando a todo o mundo sin distinción”, dixo.

Segundo o presidente provincial, “esa é unha das diferenzas entre o PP e outros partidos, que conciben a política como unha forma de solucionar os seus propios problemas”. Para Barreiro, a combinación de traballo e resultados permiten entender por que o Partido Popular segue a ser a forza política maioritaria de Galicia, “nós non nos adicamos a buscar enfrontamentos con ninguén -explicou Barreiro- nin a descalificar ao adversario como fixo algún partido por aquí, porque nós si temos algo que ofrecer: traballar polas persoas e mellorar a calidade de vida dos veciños”, comentou. Neste senso, Barreiro afirmou que o PP é o único partido que presenta proxectos baseados nos feitos e que conta con equipos dispostos a resolver os problemas dos veciños.

O candidato á presidencia da Deputación Provincial resaltou a importancia da política municipal como a primeira instancia da administración á que acoden os cidadáns para resolver as cuestións que lles son máis próximas. Asi mesmo, segundo Barreiro, estas eleccións municipais teñen unha grande importancia “porque se conseguimos implantar nos concellos unha forma de entender a política ao servizo dos veciños estaremos dando o primeiro paso para cambiar os gobernos de Galicia e de España, que hoxe entenden a política de espaldas aos cidadáns”, afirmou.

Na súa intervención, Armando Castosa, candidato popular á alcaldía, dixo que con esta candidatura quixo implicar no futuro de Cospeito a persoas novas que teñen demostrado unha capacidade de traballo e cercanía aos veciños. “Todos os que me acompañan nesta candidatura son xente capacitada, que xa está dentro do mercado laboral, e que é moi querida por todos”, explicou Castosa. O candidato e alcalde de Cospeito expuxo como feito salientable que o enchía de satisfacción a súa política centrada nas persoas, “ninguén pode negar que todos estes anos estiven ao servizo dos veciños para o que necesitaran” explicou Castosa.

Neste senso, o candidato popular comentou que as súas máximas aspiracións nos próximos catro anos consisten e ampliar o solo industrial do concello para xerar máis emprego e riqueza, e seguir mellorando as infraestructuras básicas en materia dea rede viaria, equipamentos deportivos e sociais e servizos básicos municipais. Con “humildade pero orgulloso do traballo realizado”, Castosa amosouse confiado en que os veciños de Cospeito volvan a respaldar, incrementando se cabe o seu apoio, ao proxecto do Partido Popular.

CANDIDATURA.-

1. Armando Castosa Alvariño

Ten 43 anos, é funcionario está casado e ten un fillo.

2. Fernando Carballeira Rábade
43 anos. Funcionario.

3. Daniel Paz Carballeira
35 anos. Empresario.

4. Natividad Miguélez Castro
31 anos. Enxeñeiro Técnico Agrícola.

5. Rocío García Corbelle
32 anos. Mestra.

6. Juan Pablo Gayoso Rifón
43 anos. Empresario.

7. Gonzalo Rodríguez Ferreiro
44 anos. Funcionario.

8. José Veiga Fernández
51 anos. Gandeiro.

9. María José Paredes Yáñez
32 anos. Profesora.

10. Ana María Díaz Santiso
37 anos. Empregada de Correos.

11. María José Castro Rodríguez
37 anos. Veterinaria.

12. Ana Iglesias González
26 anos. Enxeñeiro Técnico Agrícola.

13. Pedro Fernández Cabana
24 anos . ATS.

SUPLENTES

1. Fernando Carreiras González
20 anos. Estudiante de Dereito.

2. María Yolanda Cabana Fernández
24 anos. Auxiliar de Xeriatría.

3. Josefa Lamas Martínez
23 anos. Técnico de explotacións gandeiras.

4. José Díaz Rodríguez
49 anos. Técnico de Mantemento.

PRENSA
PARTIDO POPULAR