Partido Popular de Lugo

RAMOS LEDO INTRODUCE CATRO NOVIDADES NA SÚA CANDIDATURA PARA REVALIDAR A MAIORÍA EN TABOADA

José Jesús Ramos Ledo presentou a súa candidatura coa presenza de José Manuel Barreiro

José Jesús Ramos Ledo presentou a súa candidatura coa presenza de José Manuel Barreiro

Luns, 23 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, participou esta noite na cea de presentación da candidatura do PP de Taboada coa que o candidato e actual alcalde, José Jesús Ramos Ledo, aspira a revalidar a maioría absoluta para o Partido Popular. O candidato taboadés presenta unha candidatura na que volve a contar coa maioría do seu equipo e introduce catro novidades, trátase do número 3, Manuel Gómez García, o número 5, Luis Gómez García, a número 9, Lorena García Osorio e a número 11, Dulce María Montes Gómez.

Ramos Ledo confía en acadar novamente a maioría en Taboada para culminar proxectos e infraestructuras que xa se están poñendo en marcha no municipio. “Nestes anos, Taboada deu un salto cualitativo en tódolos aspectos e queremos seguir traballando para levar máis benestar e calidade de vida aos veciños”, dixo o candidato popular.

Unha das maiores satisfaciones de Ramos Ledo nestes anos de goberno foi a de ter acadado para Taboada a ubicación da fábrica de piensos “que vai ser a de maior producción de toda España e que vai xerar riqueza e emprego no concello”. Tamén se referiu Ramos á residencia da terceira idade, a cal “ademáis de dar resposta a unha demanda social vai xerar novos postos de traballo”.

Para o presidente provincial, José Manuel Barreiro, o labor de Jesús Ramos Ledo en Taboada representa mellor que nada “o proxecto do Partido Popular de traballar pola xente”, algo que, segundo explicou, distingue ao PP dos outros partidos que “andan vendendo fume e ao final xa vemos o que están facendo con Galicia e con España”, dixo Barreiro.

O presidente provincial dixo que Ramos Ledo “amosou ser o mellor alcalde de Taboada” e que, a pesar dos logros que acadou para o municipio e das trampas que lle tenderon “segue a ter todavía moito proxecto de futuro para o concello”. Barreiro dixo que Ramos “gañou a pulso o dereito a ser reelexido alcalde de Taboada”, e mostrouse confiado en que así o entederán os taboadenses o vindeiro mes de maio.

CANDIDATURA.-

1. José Jesús Ramos Ledo
Ten 61 anos, está casado e é profesor de primaria.

2. Ramiro Moure Ansoar
48 anos. Funcionario de Institucións Penitenciarias.

3. Manuel Gómez García
56 anos. Gandeiro prexubilado.

4. Isabel Fidalgo Albor
28 anos. Estudiante de Dereito.

5. Luis Gómez García
35 anos. Empregado.

6. Jesús Ángel López Sixto
27 anos. Encargado empresa sector cárnico.

7. Nilo Conde Conde
67 anos. Gandeiro xubilado.

8. Manuel Fidalgo Otero
Conductor.

9. Lorena García Osorio
26 anos. Enxeñeiro Agrícola.

10. María Goreti Pernas Porto

11. Dulce María Montes Gómez
30 anos. Licenciada en Dereito.


SUPLENTES

1. José Antonio Ferreiro Taboada
58 anos. Gandeiro.

2. Plácido Moure Carballo
54 anos. Albañil.

3. Orlando Pérez Sindín
40 anos. Agricultor.


PRENSA
PARTIDO POPULAR