Partido Popular de Lugo

JOSÉ MANUEL BARREIRO: “OS BIPARTITOS NON PODEN FUNCIONAR CANDO SE CONCIBE A POLÍTICA COMO ENFRONTAMENTO”

O PP de Ribadeo presentou a súa candidatura no Parador

O PP de Ribadeo presentou a súa candidatura no Parador

Domingo, 22 e abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, participou esta mañá no parador de Ribadeo na presentación da candidatura coa que o Partito Popular aspira a recuperar a maioría absoluta e poñer fin a unha etapa de “desgoberno, ineficacia e enfrontamento en Ribadeo”, segundo afirmou o cabeza de lista José Carlos Rodríguez Andina.

Segundo José Manuel Barreiro, o que pasou en Ribadeo estes catro anos é parecido ao que está a pasar na Xunta de Galicia, onde “gobernan dous partidos que non son capaces de entenderse e só se pelean por sair na foto”. Esa incapacidade para gobernar xuntos débese, a xuizo de Barreiro, a súa propia forma de entender a política como un “enfrontamento permanente” contra todo o mundo, “mesmo contra os seus propios socios de goberno”, engadiu.

O presidente provincial destacou que o Partido Popular segue a ser a forza maioritaria en Galicia porque “traballamos para a xente e non contra dela”, e pediu aos veciños que comparasen o labor que fixo Rodríguez Andina en Ribadeo co do bipartito de PSOE e BNG. Barreiro dixo que Ribadeo é un concello estratéxico e privilexiado “que merece estar entre os primeiros de toda Galicia en servizos, infraestructuras e calidade de vida pero para facelo posible hai que ter primeiro un proxecto de futuro e iso tan só o ofrece hoxe en Ribadeo Rodríguez Andina e o Partido Popular”, engadiu o presidente provincial.

Pola súa banda, José Carlos Rodríguez Andina, explicou que na súa candidatura conta con “xente nova pero moi capacitada” e que destaca na súa faceta profesional e social. “É un equipo de goberno listo para sacar a Ribadeo da situación na que sumiu ao pobo o bipartito”, dixo Rodríguez Andina.

Segundo o candidato ribadense, “catro anos despois do bipartito, Ribadeo ten hoxe os mesmos problemas e as mesmas necesidades que cando chegaron ao poder, porque o PSOE e o BNG non solucionaron nada”. Andina puxo como exemplo a desidia do bipartito en poñer a funcionar infraestructuras que rematou o PP como a Casa del viejo Pancho ou o despilfarro dos fondos do Leader Plus, “¿qué fixeron cos mil cincocentos millóns de pesetas do Leader? ¿onde os invertiron?”, preguntábase Andina.

Pero, a xuizo do candidato popular, o bipartito non se limitou a vender fume aos veciños e a quedarse de brazos cruzados –“algo que nos saiu moi caro aos ribadenses pois cobraban dúas dedicacións exclusivas”- matizou, senón que ademais “deron un espectáculo lamentable enfrontándose entre eles, e levándose ao xulgado uns aos outros”.

Rodríguez Andina propón solucionar de forma inmediata o que é necesario para Ribadeo, como rematar o Plan Xeral, solventar os temas administrativos para a posta en funcionamento do polígono industrial, reclamar un centro de terceira idade para o concello ou retomar cursos culturais de verán.

CANDIDATURA DE RIBADEO.-

1. José Carlos Rodríguez Andina

Ten 54 anos, é licenciado en Matemáticas e profesor en Ribadeo.

2. José Duarte Díaz
66 anos. Xubilado.

3. Begoña Sanjurjo Santar
34 anos. Doutora en Química. Profesora.

4. Jesús López Penabad
35 anos. Enxeñeiro Técnico Forestal. Xefe de Área.

5. Ana Mª Docobo Fernández
31 anos. Asesora inmobiliaria.

6. Inés Ares Fernández
42 anos. Asesora Laboral.

7. Baldomero Castro Prieto
46 anos. Empregado.

8. Jacobo Río García
21 anos. Estudiante.

9. Lucía García Alonso
23 anos. Técnico de Hostelería. Empregada de hostelería.

10. Miguel Ángel Carreira Bouso
34 anos. Empresario.

11. Almudena de la Osa Castro
23 anos. Empregada (atleta paraolímpica).

12. Mª Concepción Vilabrille Bravo
46 anos. Operaria.

13. José Luis Vázquez Méndez
51 anos. Gandeiro.

SUPLENTES

1. Juan Carlos Fanego Díaz
43 anos. Empresario Agrícola.

2. Mónica Fojo Peña
32 anos. Auxiliar enfermeira.

3. Eva Roviralta Rey

23 anos. Estudiante universitaria.

4. Manuel Sampedro Pacios
76 anos. Xubilado.

PRENSA
PARTIDO POPULAR