Barreiro participou en Monforte na cea presentación da candidatura de Manuel López Eiriz xunto con 400 simpatizantes |
Sábado, 20 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, participou esta noite nunha cea en Monforte na que o candidato local do PP, Manuel López Eiriz presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións coa que aspira a recuperar a maioría absoluta para o Partido Popular. Segundo Barreiro, o Partido Popular presenta en Monforte “un proxecto serio mentres que outros presentan descoordinación e crispación”.
O presidente provincial dixo que a política que PSOE e BNG realizaron en Monforte estes catro anos é un exemplo do que está a ocorrer na Xunta de Galicia, “hai dous gobernos que non se entenden entre si, andan peleados por ver quen sae na foto mentres que Galicia non vai para diante”, explicou Barreiro. Na súa opinión, os cidadáns teñen problemas que queren ver resoltos, e para iso fan falla gobernos capaces de tomar decisións pensando na xente e non nas súas propias necesidades políticas. “Só están unidos nunha cousa, -dixo Barreiro- en que non goberne o Partido Popular”. A xuizo de Barreiro isa non é unha forma seria de gobernar “nin Monforte, nin Galicia” porque “tódolos partidos –afirmou- poden achegar algo positivo, e máis un partido como o noso que gobernou Galicia moito tempo”.
O presidente provincial do PP resaltou a fortaleza do proxecto político do PP para Monforte e para Galicia e insistiu en que “iso é o verdadeiramente importante para que un pobo poida progresar, por riba de quen o leve a cabo”. Na súa opinión, o Partido Popular é unha garantía de estabilidade e bo goberno para os galegos fronte a “aventuras conxuntas” que non son capaces de traer solucións e benestar aos cidadáns.
Barreiro referiuse ao candidato á alcaldía, Manuel López Eiriz, como a persoa que vai traer a Monforte a seriedade e a responsaabilidade “que tanta falla lle fai”.
Pola súa banda, o candidato López Eiriz, explicou que conta con “persoas honestas, activas e que teñen demostrado un cariño e unha implicación especial por Monforte”. Criticou a falta de coordinación de PSOE e BNG na cidade “que tiveron o poder xuntos pero non foron capaces de gobernar xuntos”, afirmou. Segundo López Eiriz, a xestión destes catro anos non foi boa porque “a pesar de contar coa Xunta e o goberno central da súa parte non se conseguiu nada para Monforte”.
O candidato popular amosou a súa disposición a traballar pola xuventude monfortina para que “non teña que marchar fora e poida traballar na súa cidade”. Para acadalo, López Eiriz prometeu poñer todo da súa parte para que as empresas se instalen en Monforte e creen empregos para a xuventude. Outro dos obxectivos de López Eiriz é axilizar a chegada das comunicacións, concretamene a Autovía Ponferrada-Ourense (A76), ou o corredor Chantada-Monforte.
Tamén propuxo a elaboración do Plan Urbanístico para permitir o crecemento ordeado da cidade e solucionar os problemas de saneamiento no medio rural, de xeito que se manteña o equilibrio medioambiental.
CANDIDATURA.-
1. Manuel López Eiriz
Ten 62 anos, é licenciado en Psicoloxía e exerce de Orientador no Colexio dos Escolapios de Monforte.
2. Dámaso López Rodríguez
55 anos. Médico
3. Iria Quiroga Carballada
25 anos. Economista, empregada de banca.
4. Mª Carmen Díaz Núñez
46 anos. Empresaria.
5. José Antonio Rodríguez Domínguez
36 anos. Abogado.
6. Francisco José Cela Rodríguez
50 anos. Arquitecto.
7. Corona Carreira Rodríguez
57 anos. Empresaria.
8. Alfonso González Blanco
54 anos. Funcionario de Correos.
9. Fernando Varela Fernández
33 anos. Enxeñeiro Técnico Industrial.
10. Ángeles Cocheteux Lourido
46 anos. Médico.
11. Juan Alberto Piñeiro Tojo
48 anos. Diplomado en Enfermería.
12. Constantino Castro Rego
40 anos. Empresario.
13. Ánxeles Rivada González
57 anos. Encargada e guía do Pazo de Tor.
14. Rosa Mª Pumar Rodríguez
15. Antonio González Urdiales
48 anos. Administrativo do centro municipal de drogodependencias.
16. Francisco Julio López Díaz
17. Dolores Díaz Romanos
47 anos. Mestra.
SUPLENTES
1. Mª Miriam Losada Rodríguez
41 anos. Licenciada en Filología Hispánica.
2. David Manuel López López
34 anos. Deseñador Gráfico.
3. Inés Blanco González
32 anos. Avogada.
4. Vanesa Prieto Vázquez
23 anos. Estudiante de Enxeñería Industrial.
5. Pedro Luis López Fernández
36 anos. Enxeñeiro Técnico Agrícola.
PRENSA
PARTIDO POPULAR