Ao redor de 350 simpatizantes asistiron ao xantar na Atalaia de San Cibrao |
Sábado, 21 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, participou hoxe na Atalaia de San Cibrao nun xantar con máis de 350 simpatizantes de Cervo ao que asistiu a candidatura local do PP, encabezada por Alfonso Villares Bermúdez, o deputado autonómico e número dous en Cervo, José Manuel Balseiro, e mailo actual alcalde, José Insua, así como o senador César Aja.
Barreiro eloxiou o labor realizado por Pepe Insua en oito anos de goberno que foron “un exemplo do compromiso do Partido Popular co progreso do seu municipio”. Referiuse entón o presidente provincial á forma de entender a política para o Partido Popular como unha forma de traballar pola xente alí onde goberna, “algo que ten moi acomplexados aos demais partidos -dixo- que en lugar de traballar pola xente adícanse a desfacer o país e a negociar cos asesinos”. Nete senso, Barreiro salientou que o Partido Popular non está crispado pero que o país está indignado co que está pasando en Galicia e en España e engadiu que en política “cando se perde a dignidade pérdese todo”. Barreiro salientou a importancia destas eleccións municipais a tódolos niveis. “Galicia e España viven momentos dramáticos -dixo Barreiro- e dende a política local temos que contribuir a cambiar Galicia para poder cambiar España”.
A xuizo do presidente provincial, a política é unha actividade noble “porque implica compromiso” é puxo como exemplo a Pepe Insua “que traballou duro oito anos e logo soubo ceder o relevo”. Pediu aos veciños que comparasen o labor realizado polo PP en Cervo co que fixeran antes que Insua, Ismael Rego e Lago Lage.
O presidente provincial pediu o apoio dos veciños á candidatura de Alfonso Villares “porque en Cervo sigue habendo proxecto de futuro” e advertiu sobre as intencións da oposición para Cervo: “en política costa moito facer cousas, pero moi pouco desfacelas”.
Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Alfonso Villares dixo que co PP se acadaron en Cervo “as máis altas cotas de progreso da súa historia”, gracias á honradez e bo labor de Pepe Insua e amosouse disposto a poñer ao servizo dos veciños a súa experiencia de doce anos no concello para que Cervo se convirta “na envexa de toda a Mariña”.
Barreiro asistiu en Foz á presentación da candidatura de Ángel Cao |
Ángel Cao quere dar un “novo rumbo” a Foz: “Queremos un concello sostible e unha política sen descalificacións”
Pola tarde, o presidente provincial do PP, estivo en Foz na presentación da candidatura de Ángel Cao. Cao explicou que a súa candidatura contaba con persoas moi vencelladas ao asociacionismo de Foz e moi implicadas no seu concello. O seu principal obxectivo é acadar un crecemento sostible para Foz. “Non pode ser que durante o verán non collamos no pobo e o resto do ano Foz pareza un pobo fantasma”, explicou Cao quen aposta por xerar progreso económico durante todo o ano. “Queremos que Foz siga sendo un pobo apetecible e que capte recursos dentro e fora de Galicia pero dun xeito racional, é dicir vendamos ben Foz pero non o regalemos”, afirmou o candidato.
Asi mesmo, Cao quere poñer fin ao debate de insultos e descalificacións, recuperando a moderación e o consenso, “A política é xestión e debate de ideas e os que representamos a uns votantes que nos apoian debemos dar exemplo de sensatez e respeto”, destacou Cao .
CANDIDATURA DE FOZ
1. Ángel Cao Pérez
48 anos. Técnico electrónico, empregado de ALCOA. Casado e con tres fillos. Concorre por primeira vez á alcaldía de Foz.
2. Lydia Rodríguez Moreda
33 anos. Profesora do IES Monte Castelo de Burela.
3. José Luis Sánchez García
47 anos. Funcionario de Correos.
4. Mª Luisa Prieto Fanego
53 anos. Auxiliar de clínica.
5. Jesús Andina González
47 anos. Administrativo.
6. Pedro José Fernández Manín
56 anos. Xubilado de banca.
7. José Mª Lasanta Morán
35 anos. Pintor decorador.
8. Verísima Eiroá Couto
50 anos. Asistente a domicilio.
9. Jaime Varela Eijo
53 anos. Marinero xubilado.
10. Cristina Fraga Novo
26 anos. Mestra de Educación infantil.
11. Rebeca Neira Fernández
39 anos. Empresaria (autónoma).
12. Carmen González Beren Guel
50 anos. Empregada do 061.
13. Ramón Martínez Gómez
40 anos. Profesor.
SUPLENTES
1. Remedios García Rodríguez
47 anos. Empresaria de hostelería.
2. José Rodríguez García
64 anos. Carpinteiro
PRENSA
PARTIDO POPULAR