Partido Popular de Lugo

OS POPULARES DO SUR DE LUGO DENUNCIAN QUE A XUNTA RENUNCIOU A EXECUTAR A AUTOVÍA CHANTADA-MONFORTE

Santiago, 20 de abril de 2007.- O PPdeG denunciou hoxe o abandono no que a Xunta ten sumidas ás comarcas do Sur de Lugo, o que contrasta co coa avultaba nómina de compromisos adquiridos polo presidente da Xunta antes das pasadas Eleccións autonómicas e que se empeña en ampliar a escasas semanas das municipais.

Na rolda de prensa celebrada esta tarde en Monforte de Lemos, os deputados populares Susana López Abella e Dámaso López Rodríguez, xunto co candidato do PPdeG á Alcaldía de Monforte, Manuel López Eiriz, constataron que os feitos revelan que a Xunta de Galicia ten renunciado, na práctica, a construír a autovía Chantada-Monforte. Recordaron que o estudo informativo contratado polo anterior Goberno do Partido Popular rematou en agosto de 2004, e que desde entón, cando xa transcorreron 34 meses, “todo continúa paralizado e non se produciu avance algún na tramitación dese proxecto”.

Esta paralización fai que resulte imposible que se cumpran os prazos comprometidos por todos os grupos políticos no Congreso e no Senado (remate das obras en 2010). Sen embargo, para os populares galegos, a gravidade deste asunto reside na complicidadade amosada polos socios do Goberno bipartito, PSOE e BNG, que nunha votación celebrada no Parlamento de Galicia se posicionaron en contra de rematar a autovía nese ano, en 2010.

LUGO-OURENSE TAMÉN CON RETRASO
Nesta liña, os populares galegos láianse tamén dos dous anos de retraso mínimo que acumula o proxecto de execución da autovía Lugo-Ourense, a pesar de que exisitía un compromiso parlamentario de poñela en servizo no bienio 2008-2010.

En opinión dos populares, a ausencia de interese por cumprir o cronograma da obra quedou en evidencia  pola demora coa se rematou a Decleración de Impacto Ambiental, que tardou 28 meses en ser completada, cando, se realmente houbese vontade real de respectar os prazos, podería estar lista en tan só 6 meses.

A día de hoxe está comezando a redacción de algúns proxectos construtivos, mentres que outros se atopan en proceso de licitación.

De acordo coa datos que obran en poder o PPdeG, as obras desta autovía iniciaranse, no mellor dos casos, a finais de 2008, xusto cando algúns dos tramos deberían estar a piques de ser postos en servizo, de acordo coas previsións iniciais. Así as cousas, e en función da dispoñibilidade orzamanteria, a posta en funcionamento da obra non será unha realidade ata no ano 2013.

Constatados estes feitos, o PPdeG conclúe que cada día que pasa o presidente da Xunta se afianza máis no seu papel de “raíña nai”, unha figura protocolaria que pronuncia discursos, cumpre co protocolo, pero non toma decisión algunha sobre o Goberno, en palabras de Dámaso López Rodríguez.

O PPdeG REITERA AS DEMANDAS A TOURIÑO
Nesta liña, e malia a sucesión de promesas debulladas por Pérez Touriño, os populares galegos insistiron en reclamar a execución dos proxectos que xa lle trasladaran por escrito, en xullo do ano pasado, coincidindo cunha visita á capital do Val de Lemois. Trátase das dúas autovías xa citadas e da anunciada entre Monforte e Ponferrada (prometida por Pepe Blanco, pero pendente de consignar nos orzamentos, probablemente pola resistencia de Magdalena Álvarez a recibir instruccións dun cargo político que non forma parte do Goberno); a mellora da rede de estradas comarcais; a ampliación do persoal e do abano de trámites a realizar polos contribuíntes na delegación territorial da Axencia Tributaria en Monforte; a construcción e posta en servizo do Porto Seco de Monforte; a dotación dunha nova residencia xeriátrica en Chantada e a axilización da xa anunciada para Monforte.

A materialización das melloras pendentes de acometer no Hospital Comarcal, como a UCI, e nos centros de saúde da zona que, entre outras, presentan unha acentuada carencia de pediatras; as obras de ampliación e acondicionamento dos regadíos do Val do Lemos; incremento da promoción dos viños da Ribeira Sacra e desta zona como destino preferente do turismo de interior; a supresión das trabas que impiden a instalación de complexos de xeración enerxética mediante placas solares; a reposición da celebración de suizos penais en Monforte; e a creación e posta en servizo do segundo xulgado de primeira instancia e instrución en Chantada conforman outras das demandas que o PPdeG mantén vivas ante a cerrazón amosada polo Executivo bipartito.