Partido Popular de Lugo

ALFONSO VILLARES: “NO PP AÍNDA TEMOS MOITO QUE FACER POR CERVO, E EU SEI COMO FACELO”

Barreiro e Feijoo arrouparon a candidatura de Alfonso Villares onte en Cervo

Barreiro e Feijoo arrouparon a candidatura de Alfonso Villares onte en Cervo

Xoves, 18 de abril de 2007.- O presidente e mailo vicepresidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e José Manuel Barreiro arrouparon onte pola noite na Casa do Mar de San Cibrao ao candidato á alcaldía de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, no acto de presentación da súa lista electoral para os comicios do vindeiro mes de maio.

O acto foi presentado polo actual alcalde de Cervo José Insua, quen agradeceu o apoio ao seu equipo durante oito anos e pediu todo o apoio para o seu relevo ao fronte da candidatura, Alfonso Villares. Insua criticou o abandono da Xunta de Galicia ás necesidades de Cervo e da Mariña en xeral. Segundo Insua, “a Xunta ten paralizada a Mariña en materia de infraestructuras” e puxo como exemplo o espigón de ALCOA ou a estrada Barreiros-Cervo.

A continuación interviu o presidente provincial e vicepresidente do PP de Galicia, José Manuel Barreiro, quen se referiu a Cervo como terra de bós políticos en alusión a Insua e Balseiro. Barreiro explicou que a diferencia doutros partidos, o PP non vai contra ninguén senón que tan só quere solucionar os problemas da xente, “non buscamos enfrontamentos, -dixo Barreiro- pero tampouco lles temos medo, e se nos atacan ímoslles responder”.

O presidente provincial criticou a ausencia de proxecto de PSOE e BNG, “o único que queren é que non goberne o PP”, dixo. Tamén se sorprendeu de que o Bloque dixera en Burela que presentaba candidatos en tódolos concellos da Mariña por primeira vez, “pero se nós iso levámolo facendo dende hai moitos anos”, dixo Barreiro.

Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, referiuse á descoordinación do bipartito na Xunta, “parece que se turnan para gobernar, Touriño as semanas pares e Quintana as impares”. Explicou que o PP sabe estar na oposición en Galicia a pesar de ter gañado as eleccións e pediu aos veciños que non permitan que pase o mesmo en Cervo. “O PP ten que sacar sobresalente para gobernar, porque é un partido de primeira, outros teñen que sumar entre eles porque son uns segundóns da política”, dixo.

Feijoo referiuse á hipocresía da Xunta en materia de urbanismo que tanto critica a política do PP na materia cando “o triángulo das Bermudas urbanístico da mariña o forman Viveiro, Foz, e Ribadeo, os tres concellos gobernados polo PSOE”. Asi mesmo, dixo que o PP é un partido que cumple o que dí: “prometimos renovar o partido e fixémolo, prometimos seguir unidos e estámolo, Insua prometeu estar oito anos e cumpliuno e agora prometemos que Alfonso será alcalde de Cervo e co voso apoio ímolo cumplir tamén”.

O candidato á alcaldía, Alfonso Villares, tivo palabras de agradecemento para os dirixentes do PP de Galicia polo seu apoio e a José Insua polo seu labor no concello durante os seus mandatos. “Hai oito anos, Cervo decidiu sair dun pesadelo de crispación e ineficacia para sumarse ao proxecto popular, e hoxe Cervo é un concello de vangarda na mariña e en toda Galicia”, dixo o candidato do PP.

Villares adicou boa parte da súa intervención a eloxiar o traballo desenvolvido por Insua no concello en tódolas áreas: cultura educación, infraestructura, sanidade etc. e puxo como exemplo que “hoxe en Cervo o transporte e os libros de texto son gratis para os nenos, e iso parece que lles molesta moito a algúns”. O candidato cervense explicou que o proxecto do PP para Cervo contempla todavía “moito máis” e que a súa experiencia política de 12 anos no concello lle permite coñecer de cerca cales son as necesidades do pobo. “Todavía temos moito que facer por Cervo e eu sei como facelo”, dixo Villares quen centrará o seu programa en seguir rehabilitando edificios, dar atención ás persoas maiores, ou buscar máis solo industrial “porque o que temos quedou pequeno”.

Referiuse tamén á oposición a cal, segundo dixo, “non traballou nada nestes catro anos porque carecen de proxecto para Cervo, só teñen ansia de poder, e para conseguilo están dispostos ao que faga falta, mesmo enfrontar ao pobo”. Villares prometeu dar o mellor de si “para que Cervo siga mellorando”.

CANDIDATURA.-

1. Alfonso Villares Bermúdez
Ten 36 anos, é licenciado en Veterinaria, está casado e é pai de un fillo. Forma parte da corporación municipal cervense dende hai doce anos, a primeira lexislatura como concelleiro da oposición e na actualidade como concelleiro delegado de Cultura, Facenda, Sanidade e Consumo. Naceu en Espiñeirido e reside en San Cibrao.


2. José Manuel Balseiro Orol
44 anos. Deputado autonómico, voceiro de pesca do PPdeG no parlamento de Galicia.

3. Pilar Armada Carrete
44 anos. Diplomada en maxisterio.

4. Antonio Basanta Fernández
28 anos. Licenciado en Ciencias Políticas e Especialista en Economía Pesqueira pola USC. Presidente provincial de NN.XX.

5. Consolación Gallego Prieto, Chelo
32 anos. Avogada.

6. Yolanda Pedreira Cruz
32 anos. Farmacéutica.

7. Rubén Fernández Rouco
39 anos. Administrativo.

8. Plácido Pérez Otero
61 anos. Albanel.

9. Elisabet Peña Fernández
26 anos. Estudiante de Ciencias Empresariais.

10. José Emilio Gómes Rocha, Nené
24 anos. Técnico en conduccion de actividades físico deportivas no medio natural e especialista en salvamento acuático.

11. Antonio López López

SUPLENTES

1. Alfredo Antonio Fernández Casas, Fero
34 anos. Técnico especialista en máquinas e ferramentas.

2. María Inmaculada Balseiro Pita
34 anos. Ceramista.

3. Roberto Santos Gutiérrez
46 anos. Empregado dunha planta de piscicultura.

PRENSA
PARTIDO POPULAR