Partido Popular de Lugo

BARREIRO DÍ QUE CON ELENA CANDIA O PP SEGUIRÁ SENDO O PARTIDO QUE MELLOR GOBERNA MONDOÑEDO

Luis Rego, Feijoo, Candia e Barreiro foron aclamados onte no auditorio por máis de trescentas persoas

Luis Rego, Feijoo, Candia e Barreiro foron aclamados onte no auditorio por máis de trescentas persoas

Mércores, 17 de abril de 2007.- O presidente e mailo vicepresidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e José Manuel Barreiro arrouparon esta tarde en Mondoñedo a candidatura coa que Elena Candia vai concurrir ás eleccións o vindeiro 27 de maio. O presidente provincial do PP puxo a Mondoñedo como exemplo do proxecto político popular nos concellos e referiuse á importancia de contar con equipos de traballo capacitados para levalos a cabo. Nese senso, expresou a súa confianza e seguridade de que a candidatura de Elena Candia “continuará desenvolvendo en Mondoñedo a magnífica labor que Luis Rego realizou nos últimos oito anos”.

Barreiro tivo palabras de agradecemento para os integrantes da lista electoral polo seu esforzo en transmitir a mensaxe do PP en Mondoñedo e amosou a súa confianza en que o PP acade unha nova maioría na cidade. Segundo Barreiro “é un orgullo para o Partido Popular poder contar con Elena Candia e co seu equipo polo grao de compromiso que están a demostrar pola súa cidade. Esa é a xente que fai falla, a que se compromete e a que traballa polo seu pobo, e por iso, eles son os que van gañar as eleccións para o Partido Popular en Mondoñedo”.

Asi mesmo, Barreiro comparou a forma de facer política do PP coa dos outros partidos, “o noso proxecto é darlle solución aos problemas para que a xente viva mellor, mentres que outros partidos teñen como único obxectivo que non goberne o Partido Popular”, dixo Barreiro, quen pediu aos veciños que non permitiran que iso ocorra en Mondoñedo renovando a súa confianza “no partido que mellor sabe gobernar a súa cidade”.

O alcalde saínte, Luis Rego, agradeceu ao equipo de Elena Candia que forme parte da candidatura popular e referiuse á dura campaña electoral que teñen por diante, na que non van faltar as descalificacións da oposición “pero nós imos responder ao insulto con proxectos e á descalificación con novas propostas para Mondoñedo”. Rego explicou que a forma na que se fixo o relevo no PP de Mondoñedo é un exemplo de transparencia, consenso e democracia interna e dixo que el mesmo continúa integrado no proxecto popular e que segue a disposición de Elena Candia e do seu quipo para que Mondoñedo siga mellorando.

Pola súa banda, a candidata de 29 anos, Elena Candia, agradeceu a Barreiro e Feijoo a súa presencia na cidade que, segundo dixo, “nos anima a todos a seguir traballando máis aínda para que Mondoñedo siga sendo do Partido Popular”. Candia explicou que ía ser difícil superar o traballo feito por Luis Rego durante a súa etapa na alcaldía pero que a súa candidatura -que ten unha media de idade de 39 anos- esforzarase por mellorar “aquelo que sexa necesario e por traer novos servizos e riqueza a Mondoñedo”. Neste senso, Candia dixo que o seu equipo traballou moito na elaboración dun programa de goberno “ambicioso pero realizable”, que foi consensuado cos distintos sectores sociais da cidade, co que quere dar resposta diferenciada ás necesidades específicas da zona urbana e da zona rural.

Así, Candia quere reforzar as actuacións en servizos sociais dotando a Mondoñedo dun centro de día e dun xeriátrico para os maiores e unha ludoteca para os nenos. Tamén quere fomentar a creación de emprego captando empresas para o polígono industrial e desenvolver o sector turístico entre moitas outras medidas. Neste senso, Candia afirmou que “o programa do PP para Mondoñedo é o programa dos mindonienses”.

CANDIDATURA.-

1. María Candia López
Ten 29 anos, é licenciada en Dereito e na actualidade xestiona a Delegación de Mapfre e a oficiña de distribución bancaria de Caja Madrid en Mondoñedo.

2. José Manuel Otero Corral
30 anos. Perito agrícola e técnico de emprego.

3. Teresa Freire Sánchez
42 anos. Mestre de Educación infantil no Colexio Álvaro Cunqueiro Mora.

4. Jorge Losada Comendeiro
41 anos. Empresario.

5. Jesús Villalba Otero
30 anos. Empresario.

6. Manuel Alfonso Castillo Navarro
48 anos. Auxiliar técnico nunha empresa aserradeira.

7. José Otero Rejes
63 anos. Empresario do sector agroforestal.

8. José Ramón Barreira Díaz
43 anos. Agricultor.

9. Irma Iglesias
28 anos. Empregada nunha empresa de pizarras.

10. José Manuel Prieto Fernández
41 anos. Médico.

11. Jesús Meilán García
49 anos. Empresario.

SUPLENTES

1. Francisco Pardo Rancaño
31 anos. Empregado dunha empresa de electricidade.

2. Veremundo Fernández García
56 anos. Albañil.

3. Luis Rego Valcarce
39 anos. Avogado.


PRENSA
PARTIDO POPULAR