Partido Popular de Lugo

Mª LUISA MACÍA PIDE VOTAR “CON SENTIDIÑO” A SÚA CANDIDATURA PARA QUE RÁBADE NON QUEDE ILLADO

Barreiro pediu en Rábade o apoio á candidatura de Mª Luisa Macía

Barreiro pediu en Rábade o apoio á candidatura de Mª Luisa Macía

Martes, 17 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, participou esta tarde en Rábade na presentación da candidatura coa que Mª Luisa Macía vai concurrir ás vindeiras eleccións. Barreiro referiuse á situación política de Rábade -gobernado por unha candidatura independente- e dixo que as listas independentes non solucionan os problemas dos veciños senón únicamente cuestións personais dos que van nelas.

Se ben explicou que cada un é moi libre de presentarse pola súa conta a unhas eleccións, “os veciños teñen que votar ao partido que mellor os vai poder representar nas institucións e que teñen un proxecto de verdade para o pobo porque cando o único interese son os intereses persoais ao final o concello non vai para diante”, explicou Barreiro quen considera que votar aos independentes “equivale a un voto nulo”.

Barreiro puxo como exemplo desa mala xestión en Rábade o caos urbanístico propiciado polo concello que non satisface a ninguén, e citou como proba as trescentas alegacións que ten presentadas o Plan Xeral. O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación Provincial animou aos veciños a que se sumen ao proxecto de futuro de Luisa Macía para Rábade e que formen parte da candidatura popular.

Pola súa banda, a candidata popular, Mª Luisa Macía Martínez, presentou a súa lista como un equipo cun proxecto común: sacar a Rábade da actual situación de atraso e estancamento. Para esta fin, Macía, elixiu a xente moi involucrada na vida social de Rábade e representativa dos distintos barrios e parroquias.

Mª Luisa Macía referiuse aos gobernantes de Rábade como os responsables do lamentable urbanismo que se fixo nestes últimos anos: “no seu día, -dixo Macía- o PP construiu un pobo e eles o único que fixeron foi destrozalo”. A candidata puxo como exemplo o deseño da Praza de España e o seu antiestético estilo que non respecta a tradición arquitectónica do pobo. Macía adiantou a súa intención de modificar o Plan Xeral de Ordenación se os veciños lle dan o seu apoio o 27 de maio.

Tamén criticou Macía a situación económica municipal e anunciou que unha das súas primeiras medidas como alcaldesa será encargar unha auditoría ao concello para coñecer a verdadeira situación financeira do municipio.

Mº Luisa Macía fixo un chamamento aos veciños para que voten “con sentidiño” e non permitan que Rábade quede illado outros catro anos.

CANDIDATURA.-

1. Mª Luisa Macía Martínez
Ten 34 anos, é procuradora e Especialista en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa vocación política venlle de familia, pois o seu pai foi alcalde de Begonte e o seu abó xa fora concelleiro en Rábade. Pero é que ademais, Luisa Macía é unha persoa moi sociable e activa á que lle gosta participar nos movementos asociativos. Así, é presidenta da Asociación Cultural e Xuvenil `Lagoa do Rei´ dende hai cinco anos e tamén é colaboradora e voluntaria da Cruz Vermella. Tamén formou parte de Novas Xeracións, a asociación xuvenil do Partido Popular. O seu salto á política deuno hai catro anos cando foi de número dous na lista popular de Rábade e saiu elixida concelleira. Esta é a primeira vez que encabeza a candidatura popular.

2. José Manuel Barrera Martull
46 anos. Empresario.

3. José Luis Fernández Roca
44 anos. Pedagogo.

4. Patricia Novo Penas
29 anos. Administrativa.

5. Carlos Ramón González Cabarcos
38 anos. Empresario.

6. Marcelino Manuel Fraíz Parga
45 anos. Empresario.

7. Manuel Rubinos Martínez
67 anos. Xubilado.

8. Josefa Penelas Castro
50 anos. Funcionaria.

9. Mª Benigna Martínez Fernández
61 anos. Empregada.

SUPLENTES

1. Darío Gil Veiga
73 anos. Xubilado.

2. Gonzalo Pena Día
66 anos. Autónomo

3. José Ángel Vila Blanco
44 anos. Comercial.

PRENSA
PARTIDO POPULAR