Barreiro asistiu en Xermade á presentación da candidatura de Tomás Rodríguez |
Luns, 16 de abril de 2007.- O candidato do PP de Xermade e actual alcalde, Tomás Rodríguez Arias, presentou hoxe a súa candidatura para as vindeiras eleccións acompañado polo presidente provincial do partido, José Manuel Barreiro, e mailo deputado autonómico, Agustín Baamonde. Como xa anunciara a pasada semana, Rodríguez Arias elaborou a súa lista buscando a máxima representatividade das distintas parroquias de Xermade, configurando unha candidatura que presenta tres novedades con respecto á anterior. Trátase do número 6, Antonio Piñeiro Roca, da parroquia de Cazás, quen sustitúe a Laureano de Bernardo (que pasa a ocupar o número 2 dos suplentes) e o número 7 Ángel Guizán Carballido da parroquia de Xermade, en sustitución de Julio Cabarcos, que pasa a ocupar o número 1 dos suplentes, por último, no número 9 vai Rodrigo Carballeira Barro en lugar de Antonio Ramos Fraga.
Na presentación, o presidente provincial animou á candidatura de Tomás Rodríguez a seguir traballando por Xermade e a solucionar os problemas da xente “porque así entendemos a política no Partido Popular, como un instrumento para facer que a xente viva mellor”. Neste senso e referíndose á crispación política, Barreiro puntualizou que “o Partido Popular non vai contra ninguén, pero se nos atacan non imos quedar calados porque somos o partido maioritario de Galicia e temos argumentos de sobra para taparlle a boca a quen nos ataque”.
Barreiro destacou a importancia da política municipal porque é a máis próxima aos cidadáns e a primeira á que acoden os veciños para solucionar os seus problemas. Salientou a importancia de contar cun proxecto de futuro e con equipos capaces de levalos a cabo, “os pobos progresan e melloran se teñen un proxecto de futuro –dixo Barreiro- e en Xermade existe ese proxecto”. Sen embargo, puntualizou que para materializalos non basta só coa candidatura de Tomás Rodríguez senón que “teñen que apoialo tódolos veciños levando a mensaxe do Partido Popular polas parroquias e votando masivamente a Tomás o día 27 de maio”.
Pola súa banda, o candidato á reelección, Tomás Rodríguez, presentou a súa candidatura como “a máis representativa de Xermade” e dixo que o seu equipo seguirá mellorando os servizos municipais en todo o concello. Rodríguez fixo un breve balance da súa xestión nos últimos anos, e amosouse satisfeito de ter realizado obras e melloras en tódalas parroquias, “dende o alumbrado ou o saneamento ata a servizos para os maiores, ou pistas deportivas”, engadiu.
O candidato popular expresou a súa intención de continuar con este labor os vindeiros catro anos co apoio dos veciños. Asi mesmo, manifestou a súa intención de desenvolver o polígono industrial coa saída á venda de novas parcelas “o que permitirá xerar novos empregos”. Dixo tamén que reclamará da Xunta a mellora da estrada Cabreiros-Momán.
CANDIDATURA.-
1. Tomás Rodríguez Arias
54 anos. Empresario.
2. Constantino Fernández Teijido
42 anos. Empresario de hostelería.
3. Antonio Riveira Requeijo
41 anos. Enxeñeiro Técnico Agrícola.
4. Josefa Felpeto Cal
48 anos. Gandeira.
5. Mario Félix García Prieto
44 anos. Empregado de Áridos.
6. Antonio Piñeiro Roca
51 anos. Agricultor.
7. Ángel Guizán Carballido
42 anos. Empregado.
8. José Luis Otero Paz
46 anos. Gandeiro.
9. Rodrigo Carballeira Barrio
36 anos. Gandeiro.
10. Manuel Prieto Bello
33 anos. Autónomo
11. Arturo López Jarel
36 anos. Gandeiro.
SUPLENTES
1. Julio Cabarcos Fernández
51 anos. Empregado.
2. Laureano de Bernardo Paz
39 anos. Gandeiro.
3. Andrés Ares Ameijide
41 anos. Empregado.
4. Alberto Pena Criado
57 anos. Xubilado.
5. Manuel Paz Villares
50 anos. Empregado.
PRENSA
PARTIDO POPULAR