Partido Popular de Lugo

BARREIRO APOSTA POR UN URBANISMO SERIO E RESPONSABLE

Domingo 15 de abril de 2007.- O Partido Popular ofrece un pacto local en materia do territorio e urbanismo. José Manuel Barreiro dixo que os seus apostan por un urbanismo serio e responsable apartado do xogo electoral “hai que discutir de verdade sobre o territorio non facer xestos de cara á galería”. O Presidente Provincial acusou á Xunta de seguir inmersa nunha oleada de anuncios virtuais que corren o risco serio de non ser materializados.

José Manuel Barreiro referíase ás axudas que Política Territorial comprometeu, onte mesmo, en concepto de subvencións aos municipios para que adapten os seus planes xerais á legalidade urbanística vixente “non aporta nada novo, porque de que vale poñer cartos senon executan”. O Presidente Provincial lembrou como o goberno bipartito leva case dous anos de retraso na tramitación desta orden de subvencións.

José Manuel Barreiro ten claro que o bipartido “non confía nos concellos nin na política municipal” e como proba da súa falta de vontade á hora de apoiar os planeamentos municipais subliñou como hai concellos da provincia que levan 8-9 meses agardando informe da Consellería de Política Territorial, unha xestión que tiña un prazo de 3 meses”.

O Presidente Provincial do PP concluiu “onde goberna o PSOE non hai un interese por un urbanismo razoable. Hai dúcias de exemplos onde gobernan os socialistas de desfeitas urbanísticas como Ribadeo, Foz, Viveiro e mesmo Lugo”. José Manuel Barreiro cre que o anuncio de Caride é un novo intento da Xunta por lavar a súa conciencia de cara ás eleccións municipais especialmente despois de ter emprendido unha campaña de demonización do urbanismo dos concellos gobernados polo PP.

Álvarez-Campana presentou as súas coclusións sobre a situación do urbanismo en Galicia

Álvarez-Campana presentou as súas coclusións sobre a situación do urbanismo en Galicia

Plan do Litoral.-

Outro dos asuntos de debate da convención do PP de Lugo foi a situación do Plan do Litoral. É un proxecto que leva case un ano parado “se si estivese realizado non pagarían xustos por pecadores”. O Partido Popular deixou contratado este proxecto, cando o lóxico é que estivese feito en 5-6 meses ..

Por unha mellor calidade de vida nos concellos.-

O Partido Popular comprométese cun modelo de desenvolvemento sostible que se apoia en 10 liñas estratéxicas. O ponente encargado de explicar estas medidas foi o ex director xeral de calidade e avaliación ambiental , José Manuel Alvarez-Campaña

  1. Onde sexa técnica e económicamente posible vanse instalar sensores de calidade do aire para configurar unha rede provincial de puntos de medida continuada.
  2. O Partido Popular tamén se plantexa unha aposta decidida por incrementar a superficie do solo verde nos concellos. Vaise valorar a posibilidade de que o conxunto deses espacios se interconecten a través dun corredor, unha malla que permita a circulación peonil. Outra idea deste apartado son os denominados “espacios de silencio”, ambientes carentes por completo de ningún tipo de contaminación acústica.
  3. No eido da xestión integral do ciclo da auga o PP avoga por garantir o saneamento completo e a depuración de todos os núcleos dos nosos municipios.
  4. A ampliación e recuperación dos usos das ribeiras fluviais e bordes mariños. (incrementar accesos, ampliar o mobiliario, dotación de máis recursos culturais e informativos ao paseo)
  5. Os populares lucenses tamén avogan por unha ordenación territorial ampla e unha xestión responsable do solo.
  6. Outro capítulo importante dentro do programa de desenvolvemento sostible é a xestión eficiente de residuos sólidos urbanos. (incremento de puntos limpos, incremento da contenerización co sistema de colectores soterrados, campañas de concienciación do reciclado correcto e de xestión dos residuos…)
  7. Por una edificación máis sana e máis ecolóxica. Dende os concellos se actuará de forma integrada para promover a progresiva incorporación de materiais e sistemas menos contaminantes e máis coeficientes nas edificacións.
  8. O Partido Popular tamén buscará solucións para facer os concellos máis accesibles (transporte máis eficiente e ecolóxico; carril bici; sinalización adecuada; planes de tráfico…)
  9. Incentivos á implantación de empresas limpas ou productoras de bens ou servicios de medio ambiente no noso concello; incentivos municipais á creación de empregos no sector privado no ámbito de medio ambiente e calidade de vida.
  10. O PP tamén propón a posta en valor de hábitos máis saudables: apoio á cociña tradicional e ecolóxica; desenvolvemento de agricultura ecolóxica e implatación de mercados ecolóxicos.

Enrique López Veiga analizou a situación da pesca en Galicia

Enrique López Veiga analizou a situación da pesca en Galicia

O PP prevé unha “longa noite de pedra” para a pesca ante a falta de ideas na materia do Goberno galego.

O Partido Popular analizou a política pesqueira da Xunta de Galicia dende as propias promesas feitas pola Conselleira de Pesca na súa comparecencia do mes de septembro de 2005 onde explicaba cáles serían os obxectivos para ista lexislatura.

Estes asuntos foron abordados na mañá de hoxe no transcurso da Segunda Convención provincial do PP de Lugo polo deputado autonómico do Partido Popular e ex conselleiro de Pesca e Auntos Marítimos, Enrique López Veiga, que foi presentado polo candidato á alcaldía de Lugo Joaquín García Díez e polo Deputado autonómico da mariña lucense e voceiro popular en materia de pesca, José Manuel Balseiro.

  1. A Pesca non é unha prioridade para este goberno; ningún dos grupos quería asumir a Consellería que foi, no proceso de negociación entre BNG e PSdG, unha especie de Consellería leprosa. Finalmente foi asumida polo PSdG e nomeada coma Conselleira unha persoa de moi escasa preparación e sen ideas nen perspectiva.
  2. Non hai nin unha referencia á industria de transformación que foi un sector estratéxico para os gobernos anteriores do PP, que lograron que Galicia se situara á cabeza da industria de transformación dos productos da pesca a nivel mundial. Iste goberno non ten ideas nin directrices para o sector da tranformación.
  3. O peso da Consellería nos orzamentos retrocedeu e só o maquillaxe heterodoxo dos mesmos contabilizando fondos non utilizados en anos anteriores que non deberían de ter sido reintroducidos coma novos ingresos no orzamentos senon simplemente incorporados.
  4. Alén de isto fóronlle retirados fondos propios á Consellería nos exercicios de 2005 e 2006 por mais de 7 millóns de euros en ambos exercicios coa perda de posibilidade de cofinanciación de fondos comunitarios: en definitiva unha execución orzamentaria absolutamente desastrosa, co risco de non poder acudir á reserva de eficacia e incluso de perda de ate 30 millóns de euros de fondos IFOP, por falla de execución.
  5. A produción lexislativa e sorprendentemente nula. Dous anos e nin un Decreto e ningunha produción nin tan só de un borrador de proxecto de Lei de Pesca. Tal carencia de ideas aconsellaría que non intentaran reformar nada porque só podería empeorar a produción lexislativa: cando non hai ideas non se pode lexislar. Vai ser mellor que utilicen o texto que o PPdG ten presentado no Parlamento llelo regalamos sen ter que pagar dereitos de autor.
  6. O caos se ten establecido no sector, polo sectarismo da Conselleira e pola peculiar maneira de non aplicar a lexislación, a maneira de revisar e suspender a normativa e plans anteriores sen elaborar plans alternativos o que trae a inseguridade xurídica e a fuga de investimentos fora de Galicia. O caos na Acuicultura non ten precedentes e Galicia vai pagar caro este freazo.
  7. Atácanse as Institucións da Baixura: o resentimento con que se trata ás Confrarías tampouco é normal e vai facer retroceder o mundo da Baixura a moitos anos atrás. O furtivismo campea como xa hai moito tempo que non sucedía e o Servizo de Gardacostas está desmantelado porque sinxelamente o acúmulo de erros na sua xestión non pode ser mais grande.
  8. A Consellería de Pesca ten renunciado a moitas competencias pola vía de feito ou de dereito: isto é unha evidencia, e o diálogo co sector non existe co desmantelamento do Consello Galego de Pesca e o Consello Científico: tírase abaixo un m odelo de regulación do sector baseado no diálogo e nas bases científicas sen substituílo por ningún modelo.

Istas consideracións son as menos negativas que se pode dicir de unha Consellería que está desnortada, sen ideas e cun nivel de conflitividade no sector sen unha razón específica mais que a incompetencia de un equipo. Unha longa noite de pedra parece terse apoderado da pesca e moito nos tememos que o daño que o Goberno bipartito pode causar ó sector poida ser irreversible e é que para ocuparse da pesca hai que querer o mar, ás súas xentes e os seus difíciles problemas.