Partido Popular de Lugo

BARREIRO AMOSOU O SEU CONVENCEMENTO DE QUE O PARTIDO POPULAR VOLVERÁ A TRIUNFAR NA PROVINCIA

Os candidatos locais do PP de Lugo participan na II Convención provincial do partido este fin de semana en Viveiro

Os candidatos locais do PP de Lugo participan na II Convención provincial do partido este fin de semana en Viveiro

Sábado, 14 de abril de 2007.- O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, amosou o seu optimismo con respecto aos resultados das vindeiras eleccións municipais e, no caso concreto da Mariña, dixo estar convencido de que o partido “mellorará os resultados, recuperando o cuarto deputado provincial do partido xudicial de Mondoñedo (engloba aos 18 concellos da Mariña)”.

José Manuel Barreiro explicou que con esta II convención do PP de Lugo péchase unha etapa máis da precampaña: “fixar os cabezas de lista e conformar as candidaturas”.

O Presidente Provincial defendeu a calidade dos equipos e dos 67 alcaldables que concurrirán, baixo as siglas do PP, ás eleccións do vindeiro 27 de maio.

– Idade media dos candidatos 50 anos

– Hai unha representación de todos os eidos sociais destacando o 19% dos candidatos relacionados co sector gandeiro: son OITO veterinarios (Begonte, Castroverde, Cervantes, Cervo, Lourenzá, Pol, Triacastela, Vilalba) e CINCO gandeiros (Baleira, Outeiro de Rei, Ribeira de Piquín, Samos, O Saviñao); tamén hai DEZ empresarios; CINCO médicos; CINCO funcionarios, CATRO docentes … etc

– SEIS MULLERES (Dolores Castro-Courel; María José Vázquez- Guitiriz,Elena Candia-Mondoñedo; María Luisa Macía-Rábade; Raquel Arias (Sober); Olga Iglesias (Triacastela).

– VINTE E OITO candidatos se presentan por primeira vez.

“Cada concello conta. Facendo provincia, facendo Lugo”.-

Barreiro anticipou que marcará un obxectivo claro aos seus candidatos “a estas alturas, na que xa se ve a meta, hai que comezar a carreira e o único resultado válido é manter ou mellorar o número de votos acadados nas últimas eleccións municipais, conseguindo que o PP sexa, cando menos, a forza maioritaria en 52 dos 67 concellos da provincia de Lugo”.

O candidato á Deputación de Lugo do PP presentará esta tarde un informe no que se analiza a situación política da provincia; tamén se van perfilar as estratexias de cara a campaña electoral. O Presidente Provincial avanzou que o PP vai “facer unha campaña de ideas, nós non vendemos fume como outros”.

No segundo relatorio de hoxe se presentarán un conxunto de 14 liñas estratéxicas relacionadas co desenvolvemento local sostible entre as que destaca a xestión integral do ciclo de auga, a ampliación e recuperación dos usos das ribeiras fluviais e bordes mariños, xestión eficaz dos residuos sólidos urbanos, transporte máis eficiente e máis ecolóxico… etc. O encargado desta presentación será o Ex Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Xosé Manuel Alvarez-Campana Gallo.

Urbanismo e pesca .-

Os dirixentes do partido popular conscientes da importancia do sector pesqueiro na provincia, abordarán, mañá, varios aspectos que preocupan aos veciños da comarca. O invitado á mesa coloquio é o ex Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, o deputado autonómico Enrique López Veiga.

Outro dos relatorios da xornada dominical centrarase nas novidades lexislativas do urbanismo galego. O Ex Director Xeral de Urbanismo, Martín Fernández Prado abordará, entre outros asuntos, o Plan do litoral de Galicia así como algúns aspectos derivados da situación actual do urbanismo galego.

PRENSA
PARTIDO POPULAR