Demetrio Salgueiro quere levar savia nova á Xove coa súa canidatura |
Venres, 13 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, presidiu esta noite en Xove a cea-baile organizada polo Partido Popular de Xove para presentar a súa candidatura electoral cara o vindeiro 27 de maio. O acto de presentación contou coa asistencia de preto de 300 simpatizantes que quixeron manifestar coa súa presenza o seu apoio á candidatura de Demetrio Salgueiro Rapa, caracterizada pola xuventude dos seus membros cunha medida de idade de 34 anos; seis mulleres forman parte da candidatura.
O candidato popular, Demetrio Salgueiro, explicou que a elaboración da lista “resultou máis doada do que se puidera pensar nun principio porque a xente dase conta de que en Xove é necesario un cambio”. O candidato asegura que na súa lista buscou xente con experiencia e representativa das distintas parroquias do concello. “O obxectivo era formar un equipo de traballo capaz de asumir as distintas áreas municipais, -explica Salqueiro- profesionalizando a xestión do concello de xeito que non dependa todo dunha soa persoa”.
A pesar da dificultade que supón, o candidato popular declárase ambicioso cara as eleccións e márcase como obxectivo acadar a maioría suficiente para gobernar Xove, “sei que é difícil porque concorren catro listas, pero nós imos a por todas porque levamos o mellor equipo”, afirmou Salgueiro.
O Partido Popular de Xove quere ofrecer unha renovación política no concello e un programa de goberno que propón desenvolver o Plan Urbanístico (actualmente en fase de aprobación), mellorar as comunicacións internas, mellorar o saneamento e abastecemento en tódalas parroquias e mellorar as instalacións dos portos. Salgueiro tamén quere incrementar as axudas para os montes e a agricultura e prestar máis atención á xuventude e á terceira idade.
A xuizo do candidato popular, “o concello de Xove está actualmente parado porque a actual xestión non é eficiente e nós imos a cambiar esa situación”.
O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, agradeceu aos candidatos o seu compromiso co Partido Popular, calificándoos de «valientes», e como unha proba da vitalidade e fortaleza do Partido Popular contra calquer tipo de adversidade. Diante dos trescentos simpatizantes que ateigaban o local no que se celebrou o acto, Barreiro dixo que «algúns creían que o Partido Popular non existía en Xove, pero con este acto queda claro que en Xove hai partido e hai futuro». Respecto da situación política de Xove, Barreiro explicou que “algún creu que o partido estaba para servilo a el e non para servir a sociedade. pero nós non cremos en personalismos nin concebimos a política como un chalaneo, -explicou Barreiro- nós creemos en proxectos e en equipos de xente seria e capacitada para resolver os problemas dos veciños, que é o que a xente quere”.
Barreiro dixo non entender as palabras do alcalde de Xove, Jesús López, quen afirmou recibir máis axudas da Xunta bipartita que da do PP, “¿Pero non di que sendo el alcalde se fixo moitísimo por Xove? -preguntouse Barreiro- ¿e con quen o fixo senon co Partido Popular?”. Nese senso lembrou aos veciños que as pasadas eleccións municipais non as gañou Jesús López senon que as gañou o Partido Poular, «e desta vez volverá a gañalas, pero con Demetrio Salgueiro ao fronte».
O presidente provincial animou á candidatura de Salgueiro afirmando que é bo que entre «xente nova e savia nova en Xove, xente que estea en política por un ideal e non polo seu interese persoal» , pero lembrou que ademais deles a candidatura «sodes todos os que aquí estades», e animou aos veciños a que levaran a mensaxe do PP casa por casa. José Manuel Barreiro mostrouse convencido de que o vindeiro día 27 o Partido Popular vai a sorprender a máis de un en Xove.
Preto de trescentos simpatizantes se deron cita na presentación da candidatura do PP de Xove |
CANDIDATURA.-
1. José Demetrio Salgueiro Rapa
Natural da parroquia de Lago, á que segue moi unido ainda que reside no centro urbano de Xove dende fai 3 anos. Ten 35 anos. Está casado e é pai dun bebé de 3 meses. Licenciado en C.C. Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e con amplia formación en fiscalidade e empresas. Traballa dende o ano 1998 no Concello de Burela como Axente de emprego e desenvolvemento Local, onde ademais desenvolveu tarefas en campos diversos como urbanismo, formación, organización de feiras e eventos ou promoción do turismo. É ademais mediador de seguros titulado, e foi axente de varias importantes compañías.
Gran afeccionado á pesca, o fútbol, o billar, a música e a lectura.
2. José Manuel González Álvarez
44 anos. Industrial.
3. Ana María Abad López
37 anos. Psicóloga.
4. María Dolores Meitín Guerreiro
29 anos. Licenciada en CC. Políticas.
5. José Manuel Balseiro Canoura
43 anos. Técnico electrónico de ALCOA.
6. Catalina Domínguez Cociña
25 anos. Diplomada en CC. da Educación.
7. Manuel Ángel Meitín Rouco
29 anos. Empregado de ALCOA.
8. Rosario Balseiro López
30 anos. Administrativo.
9. Elías Fernández Pernas
39 anos. Empresario.
10. Juan Carlos García Castro
34 anos. Empregado dunha empresa auxiliar de ALCOA.
11. Eva Lastra Barreira
29 anos. Profesora.
SUPLENTES
1. Javier Rivas Rego
31 anos. Electricista.
2. Shaila García González
26 anos. Enxeñeiro Técnico Forestal.
3. Jesús Rodríguez López
28 anos. Electricista.
4. Andrés Prieto Muriel
57 anos. Xubilado.
5. Arturo Rubal Vigo
34 anos. Empregado de Pescanova.
PRENSA
PARTIDO POPULAR