Partido Popular de Lugo

AS NOVIDADES DA LEXISLACIÓN URBANÍSTICA, A SITUACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO E O DESENVOLVEMENTO LOCAL SOSTIBLE SERÁN OS EIXOS DESTE ENCONTRO

Venres 13 de Abril de 2007.- Os candidatos do Partido Popular da provincia de Lugo participarán, esta fin de semana, na 2ª Convención organizada polo Partido Popular. Estas xornadas son unha continuidade dun primeiro encontro celebrado no mes de xaneiro en Monforte. A diferencia é que este sábado e domingo, en Viveiro, xa estarán todos os cabeza de lista, cos que o Partido Popular, concorre ás eleccións do 27 de Maio.

José Manuel Barreiro destacou que se ben para os demais partidos é noticia, e mesmo presumen de presentar candidatos nos 67 municipios, “para o Partido Popular eso non supón un titular xa que se enmarca dentro da normalidade”.

Dos 28 candidatos que se presentan por primeira vez, nestas eleccións municipais, José Manuel Barreiro destacou “a súa ilusión e compromiso” o Presidente Provincial tamén tivo palabras de agradecemento aos compañeiros que dan paso ás novas incorporacións xa que «entre todos se contribúe a revitalizar o proxecto do PP”.

O Presidente Provincial puntualizou que “nin un só alcalde dos que anunciaron non repiten como candidatos na provincia tomou a decisión como consecuencia dunha crise. Todos eles seguirán ou ben formando parte da candidatura ou mantendo responsabilidades dentro do partido”. Ese é o o caso dos actuais rexedores de Samos ou de Navia de Suarna onde, os actuais alcaldes, seguiran sendo Ptes dos respectivos comités locais.

José Manuel Barreiro tamén referiuse aos alcaldables máis novos, que no caso do PP recaén en dúas mulleres de 29 anos: Dolores Castro Ochoa candidata de Courel, e Elena Candia López Candidata de Mondoñedo. Barreiro engadiu que en todos os municipios se mellorou nunha importante porcentaxe a representación feminina nas candidaturas.

Equipo socialmentente representativo.-
José Manuel Barreiro explicou que os alcaldables do PP conforman un equipo «con prestixio social para gobernar», perfis concretos en diferentes sectores e «socialmente representativos e comprometidos» co proxecto político do Partido Popular.

É de destacar que en 8 concellos os cabeza de lista son licenciados en veterinaria e, en 5 municipios, gandeiros; hai 5 alcaldables licenciados en medicina, e 4 empregados de banca. Os funcionarios de distintas administracións e os mestres ocupan unha portentaxe tamén importante nos carteis do PP na provincia ; Completan o listado outros profisionais como farmaceuticos, avogados, industriais, un empresarios da pesca, un madeirista, un biólogo, un ATS, unha xornalista… etc

«Todos eles son políticamente capaces xa que teñen o liderazgo e a representatividade necesaria para afrontar os grandes retos que esperan a Lugo nos próximos años”, concluiu José Manuel Barreiro.


Programa convención.-
José Manuel Barreiro explicou que este encontro de candidatos, alcaldes e deputados, ademais de propiciar un debate interno sobre as liñas programáticas que se incluirán nos programas electorais de cada concello, serve de intercambio de experiencias “con estes encerros conseguimos fortalecer os piares do proxecto popular da provincia, somos o único partido que pode presumir dun proxecto conxunto”.

Tras un encontro cos medios os participantes nesta convención visitarán o sábado á mañá os lugares máis emblemáticos do casco histórico de Viveiro.

Pola tarde comezarán as sesións de traballo e será o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, o encargado de abrir o coloquio cunha reflexión política sobre a situación na que se atopa a provincia. O título do seu relatorio “Cada concello conta. Facendo provincia, facendo Lugo”. A continuación o Director da Cámara oficial mineira de Galicia e Ex Director Xeral de Calidade de Avaliación Ambiental, Xosé Manuel Álvarez –Campana Gallo dará as claves do desenvolvemento local sostible.

A xornada matinal do domingo vaise centrar nas novidades lexislativas no urbanismo galego, que presentará o ex director Xeral de Urbanismo, Martín Fernández Prado.

Pola súa banda, o deputado e ex conselleiro de pesca e Asuntos Marítimos Enrique López Veiga abordará a situación do sector pesqueiro nun relatorio que leva por título “Dous anos de pesca, dous anos de goberno bipartito: unha oportunidade perdida”.

O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro clausurará estas xornadas logo de presentar o informe de conclusións.

Expectativas.-
O Presidente Provincial amosou o seu convencemento de que co apoio dos lucenses o PP seguira sendo a forza maioritaria na provincia. O candidato á Deputación aspira a manter ou mellorar os resultados de 2003 cando o PP conseguiu 49 das 67 alcaldías da provincia.