Partido Popular de Lugo

O PP DE LUGO APOSTA POLA XUVENTUDE SITUANDO EN POSTOS DE RESPONSABILIDADE DA LISTA A XENTE NOVA

García Díez presentou a súa candidatura na muralla de Lugo

García Díez presentou a súa candidatura na muralla de Lugo

Xoves 12 de abril de 2007.- O Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, e o cabeza de lista do PP, Joaquín García Díez deron a coñecer en rolda de prensa os nomes das persoas que conforman a lista do Partido Popular de Lugo.

O alcaldable popular e o candidato á Deputación, que ocupa o número 3 da lista subliñaron que teñen boas vibracións e unha percepción positiva dos resultados en Lugo «neste momento a cidade está dando paos de cego, non hai un proxecto claro».

José Manuel Barreiro amosouse convencido de que o PP presenta ao mellor candidato, «Joaquín García Díez ten capacidade, e demostrao unha vez máis coa confección desta lista». Do alcaldable destacou a súa credibilidade en relación aos logros acadados durante os catro anos nos que estivo na alcaldía «eu non xulgo si Orozco é bo ou malo. Pero do que sí estou convencido é que Joaquín ten demostrado que é mellor alcalde que el».

Do resto dos seus compañeiros de candidatura suliñou que se trataba de «persoas con gran capacidade de traballo, ilusión e compromiso co proxecto do Partido Popular, en definitiva temos unha lista que transmite confianza».

A polo goberno de Lugo .-
José Manuel Barreiro explicou que, esta mesma mañá, se celebrou unha xuntanza na que ademáis do candidato participaron os membros do Grupo Municipal Popular e os presidentes dos distritos. Neste encontro cos órganos do Partido se lles informou quen eran as persoas que conforman esta candidatura.

O Presidente Provincial tamén avanzou que, nos próximos días, se fará un acto de presentación da candidatura completa ante a militancia e a sociedade lucenses.

Por último, José Manuel Barreiro sentenciou «nós non estamos en política para ir contra ninguén … pero sí estamos aquí para recuperar o goberno de Lugo, porque os lucenses o merecen.

O equipo do PP de Lugo.-
O cabeza de lista, Joaquín García Díez foi o encargado de presentar aos integrantes da candidatura. Do seu equipo dixo que tiñan unha gran vocación de servicio pola sociedade na que viven e estaban «ilusionados e convencidos de que teremos un bo resultado o vindeiro 27 de maio. Son persoas leais ao proxecto e con capacidade e ganas de traballar en equipo, e eso é para min o máis importante do seu currículo».

García Díez puntualizou que «as caras novas priman sobre os que xa somos veteranos. Fixemos unha aposta clara do Partido Popular de abrirse á sociedade dando entrada ás persoas que queren sumarse ao noso equipo. O noso reto é conseguir un partido o máis aberto posible permeable aos problemas reais dos cidadáns».

A media de idade da candidatura, composta por 14 homes e 14 mulleres, é de 42 anos. O candidato destacou que fixo unha aposta clara pola xuventude en postos de responsabilidade, ese é o caso da número 2, a investigadora universitaria Cristina Ares Castro-Conde de 28 anos. Da mesma idade é Lucía Trilo Couce, (nº13).

As dúas benxaminas do grupo comparten cartel con Manuel López Fernández unha persoa coñecedora das parroquias do municipio e da realidade do rural vinculada a Xóvenes Agricultores e que ocupa o posto 9º.

Da actual corporación repiten Jaime Castiñeira (nº5) e Enrique (nº7) Rozas e Alicia Peña(nº8).

Os integrantes da lista do PP de Lugo presenta unha diversidade de profesións, con licenciados en Bioloxía, Arquitectura Técnica, Medicina, investigadores do ámbito universitario e profesores de ensinanza secudaria, funcionarios de diferentes administracións, unha empresaria e enxeñeiro. Hai tamén un estudiante, graduado en artes aplicadas… etc.

O alcaldable quixo aclarar que quedou con ganas de incorporar a súa candidatura a un representante do colectivo de persoas con discapacidade pero que «por razóns persoais o estatutarias non foi posible» e matizou que esto non impedirá que se volque coas problemáticas deste sector e que conte coa súa opinión para levar adiante as súas propostas.

O alcaldable popular explicou que nos próximos días desenvolverá reunións de traballo coa súa candidatura para pechar por áreas, o programa electoral.

«Faltan 45 días para votar en democracia un tempo que aproveitaremos ao máximo para falar do que interesa aos cidadáns, levar a nosa mensaxe rúa por rúa e dar oportunidade a todos para que podan preguntarnos o que lles interesa a pé de rúa».

PRENSA
PP DE LUGO