Partido Popular de Lugo

CRIADO IMPLICA Á XUVENTUDE NO FUTURO DE VILALBA CUNHA CANDIDATURA QUE PRESENTA DEZ NOVIDADES

Gerardo Criado aposta pola xuventude na súa candidatura

Gerardo Criado aposta pola xuventude na súa candidatura

Xoves, 12 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, presidiu esta tarde en Vilalba a presentación da candidatura do PP para as vindeiras eleccións que encabeza Gerardo Criado Guizán, actual alcalde de Vilalba. Barreiro dixo que Vilalba é hoxe un dos concellos da provincia “cun futuro máis prometedor gracias a que o PP apostou moi forte por esta terra durante moitos anos, ata o punto de que o actual desenvolvemento da capital da Terra Cha non se entendería sen ese labor do Partido Popular”. O presidente provincial amosouse confiado en que os vilalbeses saberán recoñecelo cunha nova maioría absoluta para o PP.

Barreiro dixo que a candidatura presentada por Criado “é exemplo de vitalidade e de futuro” porque está integrada maioritariamente por xente nova, o que reflicte o interese da xuventude local en participar directamente no desenvolvemento do seu concello. “Un concello, -engadiu Barreiro- do que o Partido Popular se sinte moi orgulloso e que vaise converter nunha das vilas con maior crecemento económico de toda Galicia”. Segundo o presidente provincial, “esa é a forma de entender a política para o PP, levar progreso alí onde é necesario e axudar a mellorar a calidade de vida dos veciños”.

O presidente provincial comparou esta forma de entender a política do PP coa que doutros partidos que “tan só perseguen dous cousas: que non goberne o PP, e para iso están dispostos a pactar entre eles cando faga falta, e poñer paos nas rodas do progreso buscando liortas e usando a política contra os demais partidos romepndeo así a convivencia e retrasando o progreso”. Segundo Barreiro, esta forma de actuar débese a que outros partidos desconfían das persoas e por iso queren dirixir a vida dos cidadáns, “nós en cambio confíamos nos cidadáns e queremos axudalos a que progresen e vivan mellor”, engadiu.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Gerardo Criado encabeza por primeira vez a lista popular en Vilalba aínda que é alcalde dende 2004, ano no que pasou a sustituir a Agustín Baamonde quen pasou a ser deputado autonómico.

A candidatura de Criado conxuga experiencia e renovación, pois conta con algúns concelleiros da actual corporación e inclúe dez caras novas que destacan especialmente pola súa xuventude e que “trasladarán novas inquedanzas e novos puntos de vista á xestión muncipal”, explicou Criado quen insistiu na importancia de involucrar ás novas xeracións na xestión do concello. Con esta candidatura, o Partido Popular de Vilalba aspira a renovar, “e mesmo a incrementar” segundo afirmou o candidato, a maioría absoluta coa que conta na actualidade.

Para esta fin, Gerardo Criado pensa ofrecer aos vilalbeses un programa de goberno que aposta claramente pola xeración de emprego e riqueza na vila. “Estamos no lugar axeitado e no momento xusto para que Vilalba se convirta na capital interior de Galicia”, dixo Criado.

Estructura o seu programa de goberno en catro eixes de actuación fundamentais. O primeiro é a aprobación do Plan Xeral “o que require dun goberno estable que coñeza o futuro e as necesidades do pobo”, según Criado. Outra medida que considera necesaria é desenvolver un millón de metros cadrados no polígono industrial “para satisfacer a demanda de solo industrial que traerá consigo a chegada das autovías”, explicou.

Criado aspira tamén a transformar o recinto feiral nun recinto multiusos aproveitando unha superficie de oito mil metros cadrados que contaría cun aparcamento soterrado, “o que permitiría albergar unha feira cada mes de distintos sectores de actividade”. Por último, Criado quere completar as comunicacións internas da vila construindo un novo vial dende a ponte da Madalena ata a estrada da Coruña.

CANDIDATURA.-

1. Gerardo Criado Guizán
Ten 50 anos, está casado, é pai de dous fillos e encabeza por primeira vez a candidatura do Partido Popular en Vilalba. Veterinario en excedencia da Xunta de Galicia, foi xefe do Servizo de Sanidade Animal da provincia de Lugo. Na súa xuventude foi xugador do Rácing Vilalbés, clube do que chegou a ser presidente, acadando baixo a súa presidencia o ascenso a Terceira División do clube no ano 92. En 1995 accedeu á política local como concelleiro de Deportes, pasando máis tarde a desempeñar a portavocía do Concello e a carteira de Facenda. Dende 2005 é alcalde de Vilalba en sustitución de Agustín Baamonde.


2. Vicente García Pernas
56 anos. Médico no centro de saúde de Vilalba.

3. Alicia Durán Lozano
36 anos. Orientadora laboral.

4. José María García-Leira Boado
36 anos. Mediador de seguros.

5. Consuelo Grandío Pardo
38 anos. Administrativa.

6. Jesús Bermúdez Rodríguez
28 anos. Director deportivo do Club Baloncesto Vilalba.

7. Iván Fernández Hermida
27 anos. Empresario de hostelería.

8. Yolanda García González
28 anos. Educadora Social y Técnico Especialista en Dietética y Nutrición.

9. Agustín Baamonde Díaz
57 anos. Deputado Autonómico.

10. Pilar Lozano Cuba
35 anos. Diplomada en CC Empresariales. Empregada empresa de Transportes.

11. José Vázquez Novo
38 anos. Gandeiro.

12. José Ramón Roca Felpeto
26 anos. Licenciado en INEF, Monitor da oficiña de Deportes.

13. Virtudes Lozano Bello

34 anos. Empresaria.

14. María García Bermúdez
38 anos. Veterinaria.

15. Antonio Jorge Monteiro
34 anos. Empregado empresa de decoración.

16. Vanesa Paredes Pardo
23 anos. Estudiante de Medicina.

17. Paulino González Díaz
36 anos. Industrial.


SUPLENTES

1. Juan Manuel Cancio Moreda
57 anos. Mestro.

2. María Carmen Otero Rey
54 anos. Diplomada Universitaria en Enfermería (DUE).

3. José Antonio Freire Pérez
56 anos. Industrial.

4. María José Martínez Varela
62 anos. Mestra.


PRENSA
PARTIDO POPULAR