Partido Popular de Lugo

O EMPRESARIO JESÚS FERNÁNDEZ PRESENTOU O SEU EQUIPO PARA GOBERNAR EN NAVIA DE SUARNA

José Manuel Barreiro acompañou a Jesús Fernández na presentación da súa candidatura en Navia de Suarna

José Manuel Barreiro acompañou a Jesús Fernández na presentación da súa candidatura en Navia de Suarna

 

Mércores, 11 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, acompañou hoxe en Navia de Suarna ao empresario Jesús Fernández López na presentación da candidatura coa que aspira a facerse coa alcaldía e manter así a Navia como concello do Partido Popular. Barreiro expresou o seu apoio ao candidato que nas vindeiras eleccións sustituirá na loita pola alcaldía ao ata agora rexedor de Navia, o popular Vicente Flores quen xa anunciara a súa decisión de non repetir como candidato.

Barreiro amosouse convencido de que Jesús Fernández saberá tomar o testigo de Flores para continuar loitando por novos proxectos que melloren a calidade de vida dos naviegos, “ese é o principal obxectivo do Partido Popular, facer que a xente viva mellor, -explicou Barreiro-, sabemos que ese labor é máis complexo nos pobos pequenos que teñen unhas necesidades específicas e que por iso precisan dun maior apoio das administracións”.

Barreiro explicou que a Xunta de Galicia está “esquecendo e marxinando a moitos pobos da provincia como Navia” porque non os consideran relevantes electoralmente “por iso Navia ten que elixir a un alcalde como Jesús Fernández -dixo Barreiro-, capaz de reclamar sen tutelas o que os veciños precisan e merecen”. Neste senso, Barreiro engadiu que “os naviegos non son cidadáns de segunda, teñen dereito a aspirar aos mesmos servizos que xa teñen noutras vilas. Así o creu e demostrou Vicente Flores nos anos que foi alcalde e estou convencido de que tamén o demostrará Jesús Fernández para acadar o que precisen os veciños, sexa unha estrada, sexa a depuradora que a Xunta lle regatea aos veciños”.

Vicente Flores, o rexedor saínte, amosou o seu total apoio ao equipo de Jesús Fernández, do cal tamén forma parte ocupando o último posto da candidatura. Flores explicou que a pesar de que os doce anos nos que estivo ao fronte do concello foron moi duros, “porque os presupostos son os que son”, tamén lle reportaron bós momentos. Un deles foi cando conseguiu a ESO para Navia, -antes os nenos tiñan que ir a Becerreá a facer a primaria-, ou cando se fixo o paseo do río, ou o feito de que os 103 núcleos de poboación estean hoxe comunicados por pistas asfaltadas.

O ex alcalde, quen xa anunciara que non repetiría como candidato, seguirá presidindo o comité local do Partido Popular en Navia de Suarna e mostrouse disposto a seguir colaborando co presidente provincial José Manuel Barreiro “a quen me debo políticamente”, afirmou Flores.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía Jesús Fernández dixo sentirse moi orgulloso de encabezar a candidatura do PP xunto co equipo que o acompaña, “todos xente nova, -a maioría ten menos de cincuenta anos- e con moitas ganas de traballar e de traer novas iniciativas para o seu pobo”. Ainda que Fernández concorre por primeira vez nunha lista electoral, a súa vocación por Navia venlle de familia, pois o seu pai xa foi concelleiro popular.

O candidato declarouse ilusionado en ser alcalde de Navia para poñer en marcha novos proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños e, para acadalo, pensa poñer todo o seu esforzo persoal e mailo do seu equipo para atender as necesidades do concello.

Fernández adiantou que centrará as súas prioridades en reclamar todo o que considera necesario para o desenvolvemento de Navia, así, en materia de comunicacións pedirá á Xunta de Galicia a realización da estrada de Becerreá a Navia. En servizos sociais, o candidato popular considera prioritario que Navia conte cunha infraestructura para as persoas maiores e nese senso, quere conseguir unha residencia de ancianos para o pobo. Asi mesmo, Fernández quere complementar a dotación dos servizos municipais levando o alumeado público e o alcantarillado a tódolos núcleos de poboación.

Neste senso, reclamará á administracfión autonómica que non demore máis a construcción da depuradora que a anterior Xunta do PP aprobara sendo conselleiro de Medio Ambiente José Manuel Barreiro, e que o actual goberno bipartito ten paralizada.

Por último, Fernández amosouse tamén moi preocupado pola calidade medioambiental do río, debido á desaparición das troitas, e anunciou que unha das súas primeiras medidas consistirá en realizar un estudio sobre o tema en colaboración cos socios do coto pesqueiro coa finalidade de recuperar a actividade pesqueira e o turismo que esta práctica trae consigo.

CANDIDATURA.-

1. Jesús María Fernández López
50 anos, maderista e pai de dous fillos.

2. Santiago Fernández Riveras
51 anos. Taxista.

3. José Álvarez Rellán
50 anos. Cartero.

4. Albino González Álvarez
44 anos. Empresario.

5. Darío Rodríguez Díaz
48 anos. Empregado empresa de limpeza de montes.

6. Fidel Arias Fernández
34 anos. Traballador do sector da madeira.

7. Berta Rodríguez García
43 anos. Empresaria.

8. José Luis Rigueiro Fernández
39 anos. Empresario de hostelería.

9. Marta Carballo Álvarez
24 anos. Estudiante de Enfermería.


SUPLENTES

1. Segundo Cadenas Uría
70 anos. Xubilado.

2. Edelmira Álvarez López
49 anos. Traballadora de Servizos Sociais.

3. Vicente Flores González
64 anos. Ex alcalde de Navia de Suarna

PRENSA
PARTIDO POPULAR