Partido Popular de Lugo

BARREIRO DI QUE JOSÉ ROJO SABERÁ ESCOITAR A TÓDOLOS VECIÑOS COMO ALCALDE DE MONTERROSO

Barreiro e Feijooo asisitron á presentación da candidatura de Rojo

Barreiro e Núñez Feijoo asistiron en Monterroso á presentación da candidatura de José Rojo.

Martes, 3 de abril de 2007.- O presidente e mailo vicepresidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e José Manuel Barreiro asistiron hoxe pola noite en Monterroso ao acto de presentación da candidatura de José Rojo Núñez para as vindeiras eleccións. O acto contou tamén coa presenza dos candidatos populares de Antas de Ulla, Javier Varela, Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, Portomarín, Juan Serrano, Taboada, José Jesús Ramos Ledo, Guntín, Jesús Carreira, Palas de Rei, Fernando Alfredo Pensado e de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, foi o encargado de abrir o acto e na súa intervención expresou a súa confianza en que Rojo sexa o próximo alcalde de Monterroso e devolva aos veciños unha administración que traballe para eles contando con todos: “Monterroso non pode permitirse seguir marxinado polo seu concello porque os pobos fanse entre tódolos que viven neles”, dixo Barreiro.

Barreiro explicou que a concepción da política que ten o Partido Popular consiste en mirar á realidade dende tódolos puntos de vista para resolver os problemas da xente en vez de crealos. “A política non consiste en insultar, como creen algúns, senón en facer realidade aquelo que é necesario, e para iso hai que escoitar a todos e contar con todos para tomar as mellores decisións”, explicou Barreiro.

Na súa intervención, Barreiro referiuse á descoordinación do bipartito da Xunta de Galicia: ‘en Santiago nos gobernan dous señores -dixo o presidente provincial- que en lugar de gobernar andan á carreira para ver quen sae na foto, mentres o país non anda para diante’.

Tamén cuestionou Barreiro o talante do socialista Gato, ‘¿como será cando os seus propios compañeiros de corporación non queren repetir na candidatura con el?’. O candidato do PP á presidencia da Deputación Provincial amosouse seguro de que o PP volverá a acadar dous deputados provinciais no partido xudicial de Monterroso, ‘vaise repetir o 2-0 para o PP -afirmou Barreiro- porque imos gañar en tódolos concellos da comarca, e Monterroso non pode ser unha illa que non se entenda cos pobos veciños, por iso é tan importante que elixades a Rojo o voso alcalde’.

O presidente provincial augurou que Rojo ‘será un gran alcalde que traerá o cambio que os veciños necesitan pero -puntualizou- por moita ilusión, capacidade e equipo que teña, Pepe non pode facer o cambio el so, as cousas non poden quedar ahí, todos vos tedes que facer de correa de transmisión do seu proxecto para facelo realidade.’

A importante asistencia coa que contou o acto de presentación, -preto de mil simpatizantes se deron cita na cúpula-, puxo de manifesto a capacidade de Rojo e a confianza que o candidato esperta entre os seus veciños que pola noite lle deron mostras de eloxio e lle amosaron a súa esperanza por acadar un cambio político no concello que poña fin ao goberno socialista.

Trala intervención de Barreiro, Pablo Losada, número dous da candidatura, foi o encargado de presentar aos seus compañeiros de lista, aos que definiu como “xente honesta e traballadora que entramos en política para que Monterroso viva mellor e teña mellor calidade de vida”.

A continuación interviu o candidato á alcaldía, José Rojo Núñez quen se declarou “cheo de ledicia por encabezar un equipo de tanta categoría, formado por persoas novas, humildes, serias, honradas e con gran preparación”. Afirmou que a súa candidatura é moito mellor ca do socialista Gato porque no seu equipo conta con persoas moi preparadas e capacitadas mentres que el “só quere aos seus colaboradores para figurar e apoialo levantando a man cando hai unha votación. Non vale para a súa candidatura alguén con ideas propias”.

Para poñer fin á actual situación política de Monterroso, que Rojo calificou de “dictadura” anunciou a súa disposición a ser un alcalde que fale con todos e que non discrimine aos veciños. Na súa intervención, Rojo realizou un repaso moi crítico á xestión do socialista Antonio Gato, ao que acusou de abandonar as parroquias á súa sorte: “falta a primeira pista que se asfaltara durante os 8 anos de goberno” dixo Rojo, quen xa anunciou que as parroquias serán unha das súas prioridades.

Asi mesmo, Rojo afirmou que foron os gobernos do Partido Popular na Xunta e no Goberno central os que realmente apostaron por Monterroso cos proxectos que se puxeron en marcha nestes anos como foron os do polígono industrial, o saneamanto, as viviendas sociais, o cuartel da Guardia Civil ou a gardería, entre outros moitos. O candidato popular acusou a Gato de enganar aos veciños con promesas que nunca cumple como o PAC –“do que se esqueceu nada máis chegar á alcaldía”– a ampliación do centro médico ou a construcción de aceras.

Rojo concluiu a súa intervención afirmando que “o cambio de goberno en Monterroso é imparable” e, tras invitar a tódolos veciños a que se sumen ao seu proxecto comprometeuse a ser un alcalde que escoite e goberne para todos buscando sempre o consenso co pobo.

Rojo presentou ante centos de simpatizantes a súa candidatura onte en Monterroso

Rojo presentou onte a súa candidatura

CANDIDATURA DE MONTERROSO.-

1. José Rojo Núñez
51 anos. Empregado de banca, casado e ten catro fillas. Rojo naceu na parroquia de San Miguel de Penas, nunha familia labrega de oito irmáns. Despois dunha pausa nos estudios a principios dos anos setenta, nos que como irmán maior tivo que facerse cargo da explotación familiar por enfermidade do pai, retomou os estudios facéndose co título de Capataz Agrícola e cos seis cursos de entón de Bachiller e COU en somentes catro anos, mentres traballaba na hostalería. Tamén cursou estudios de Administrativo e traballou en diferentes empresas, como Cocampo e Embutidos de Viana, da que foi director administrativo, ata que en 1984 entrou en Caixa Galicia, onde permanece como Subdirector da oficina de Monterroso dende 1988 ata a actualidade.

Asemade, estivo sempre moi implicado nas actividades da vila, onde estivo durante anos como tenor e secretario da Coral “Ecos do Ulla” e Presidente da APA do Instituto de Monterroso, entroutros.

2. Pablo Losada Ferreiro
29 anos. Licenciado en Química, Diplomado en Enxeñería Ambiental e Máster en Enxeñería e Xestión Ambiental. Actualmente é profesor de Secundaria nos Maristas de Lugo.

3. Mónica Almagro Guerreiro
34 anos. Diplomada en Ciencias Empresariais, Administrativa e responsable de Calidade e Medioambiente en Electricidad Castro.

4. Daniel Rojo Núñez
45 anos. Secretario da Cooperativa Mopan e da Comunidade Monte Veciñal de Penas.

5. María Yolanda García España
39 anos. Licenciada en Económicas. Profesora.

6. Antonio Pardo García
72 anos. Xubilado.

7. Julia López Carnero
49 anos. Empresaria do sector agrario.

8. José Manuel López Rodríguez
43 anos. Agricultor.

9. María Isabel Meilán Otero
35 anos. Agricultora.

10. Jesús Corredoira Varela
37 anos. Funcionario do Estado.

11. María Carmen Penelas Celeiro
51 anos. Médico.


SUPLENTES

1. Víctor García Pacior
32 anos. Empregado cooperativa Mopan.

2. María Soledad Guerra Miguélez
37 anos. Empregada.

3. Ángel Marcos Portomeñe Rivas
33 anos. Empresario do sector agrario.


PRENSA
PARTIDO POPULAR