Barreiro propuxo que o alcalde sainte Carlos Belón siga ao fronte do PP de Samos |
Sábado, 31 de marzo de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, estivo esta tarde en Samos na presentación da candidatura de Manuel López Armesto para as vindeiras eleccións. Barreiro animou ao novo candidato a incrementar a maioría absoluta coa conta dende hai moitos anos o Partido Popular en Samos. Segundo Barreiro, “esa confianza dos veciños débese a que o Partido Popular ten un proxecto que defende os intereses do concello no seu conxunto e non os intereses particulares dalgúns”.
O presidente provincial explicou que o PP leva moitos anos traballando para facer de Samos un lugar atractivo para vivir, “e iso consíguese co traballo que fixo Carlos Belón e co que fará Manuel cando sexa alcalde: xerando emprego, novos servizos e traendo progreso para o pobo”. Nese senso, Barreiro agradeceu o labor do anterior rexedor e aos seus equipos, os cales seguirán colaborando e apoiando ao novo equipo.
Pola súa banda, o candidato Manuel López Armesto, que concorre por primeira vez ás eleccións como candidato explicou que coa súa candidatura pretende acadar a maior representatividade posible de tódalas parroquias. Na elaboración da lista contará con xente nova e con moitas gañas de traballar por Samos. “Evitar a despoboación é un dos principais obxectivos que temos por diante, -dí López Armesto-, pero para iso temos que ofrecer novos servizos, mellorar as comunicacións e ter acceso ás novas tecnoloxías, algo que considero fundamental”, explicou López Armesto.
O candidato á alcaldía non vé moitas opcións electorais para as candidaturas independientes que se presentan, “carecen dun proxecto definido para o concello, o único obxectivo que teñen é pactar entre eles para que non goberne o PP, pero a xente tamén dase conta diso”, dixo Manuel López.
CANDIDATURA.-
1. Manuel López Armesto
50 anos, casado e con dous fillos. Gandeiro. O alcaldable é unha persoa moi coñecida xa que participa activamente con varias cooperativas agrícolas. Na actualidade forma parte do equipo de goberno de Carlos Belón, ocupándose da Delegación de agricultura e medio rural.
2. Miguel Ángel Mourelo Raposo
32 anos. Empresario.
3. Martín Chaos Carballo
29 anos. Perito de seguros.
4. Jesús Gómez Corral
57 anos. Empresario
5. Miguel Ángel López Doval
30 anos. Profesor de autoescola.
6. Cristina Campo Rodríguez
24 anos. Auxiliar de enfermería.
7. Miguel Sampedro López
28 anos. Administrativo.
8. José Antonio Real Vázquez
43 anos. Representante comercial.
9. Manuel López Sánchez
45 anos. Gandeiro
SUPLENTES
1. Patricia López López
23 anos. Gandeira.
2. Vicente Fuentes Ramos
65 anos. Pensionista.
3. Celso Sobrado Fernández
50 anos. Axente comercial.
PRENSA
PARTIDO POPULAR