Partido Popular de Lugo

BARREIRO AGRADECE AOS EX ALCALDES E VOCEIROS DO PP SAÍNTES O LABOR QUE FIXERON NOS SEUS CONCELLOS

O presidente provincial do PP reuniuse con dezaoito cargos locais que non repiten como candidatos

O presidente provincial do PP reuniuse con dezaoito cargos locais que non repiten como candidatos

Sábado, 31 de marzo de 2007. O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, celebrou hoxe un xantar en Lugo cunha veintena de cargos do partido que nestas eleccións municipais abandonan a primeira liña da política local. José Manuel Barreiro quixo subliñar con este acto de confraternidade as boas relacións e a unidade do Partido Popular en toda a provincia. “É unha gran satisfacción para nós -afirmou Barreiro- que o PP soubera elixir en Lugo aos seus candidatos e fixera as súas listas sen ningún tipo de disensión e con unanimidade”.

Barreiro amosou a súa gratitude aos cargos saíntes polo traballo que fixeron nos seus concellos durante a súa etapa na política local e resaltou a fortaleza do Partido Popular. “Somos a primeira forza política en Lugo por unha razón: somos o partido máis próximo aos cidadáns porque pensamos en resolver os problemas da xente, e non en crealos e facer palabrería hueca como outros”, explicou Barreiro, quen atribuiu gran parte desa cercanía ao labor dos ex alcaldes e voceiros.

Segundo Barreiro, “a mellor proba desa fortaleza é que os que se van continúan vinculados ao proxecto do Partido Popular en cada concello apoiando á xente nova e moi válida que quixo asumir a responsabilidade de continuar co seu labor”. Para Barreiro, o traballo feito polos ex alcaldes e voceiros no goberno ou na oposición nestes anos “constitúe un gran patrimonio político para o PP de Lugo, que hoxe pode estar satisfeito da súa contribución a mellorar a calidade de vida dos lucenses”.

Entre os ex alcaldes que asistiron ao xantar atopábanse os da Pobra de Brollón, Manuel Casanova e David López Goyanes, o ex rexedor de Becerreá, Antonio Fernández Pombo; o de Samos, Carlos Belón Ares; o de Mondoñedo, Luis Rego Valcarce; Ourol, Guillermo Salgueiro Abad; Cervo, José Insua Pernas; Portomarín, Eloy Rodríguez López e como ex alcalde de Vilalba tamén asiste Agustín Baamonde Díaz.

Tamén estiveron os voceiros dos grupos municipais de A Fonsagrada, Amador Rego Murias; o de As Nogais Juan Cortizas, o de Cervantes, José Luis Fernández Díaz, a de Monterroso, Carmen Penelas, o de Viveiro, César Aja Mariño e o de Rábade, Luis Iglesias Carreira, Pedradita, Manuel Lolo, e Castroverde, Arcadio Ferreiro Ferreiro.

PRENSA
PARTIDO POPULAR