Lugo, 30 de marzo de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto co deputado autonómico Jaime Castiñeira, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes da asociación Plan Lugo.
Durante o encontro, que tivo lugar na sede do Partido Popular, os integrantes deste colectivo explicaron pormenorizadamente as súas propostas, que foron moi ben acollidas por Barreiro e Castiñeira.