Partido Popular de Lugo

BARREIRO DÍ QUE POL SEGUIRÁ SENDO DO PARTIDO POPULAR GRACIAS A JOSÉ LUIS FUGAROLAS

Fugarolas presentou a súa lista nunha cena con simpatizantes

O candidato José Luis Fugarolas presentou a súa lista nunha cena con simpatizantes

Venres, 30 de marzo de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, acompañou hoxe nunha cea con 50 militantes, ao candidato á alcaldía de Pol, José Luis Fugarolas Villamarín, na presentación da candidatura coa que vai concurrir aos comicios do 27 de maio. Barreiro amósase confiado en que Fugarolas renove a maioría para o PP “polo importante labor de desenvolvemento que protagonizou nestes anos”. O presidente provincial explicou que “sen a creación de servizos e de aposta decidida polo sector primario que se fixo en Pol, estaríamos hoxe nun concello sen futuro”.

Segundo Barreiro, Fugarolas puxo en práctica en Pol “un verdadeiro modelo de progreso, pero progreso de verdade e non de palabrería como o de outros. Porque a xente demanda realidades e feitos como o emprego, boas comunicacións ou un servizo de axuda a domicilio como o que se creou aquí”, explicou o presidente provincial. Nese senso, Barreiro explicou que “esa é a forma que ten o Partido Popular de entender a política, como algo que permita resolver os problemas da xente, e para que sexa así hai que empezar por ter proximidade cos veciños e saber escoitalos, como fai José Luis, quen estou convencido que volverá a gañar as eleccións”.

Barreiro referiuse tamén á oposición ao insistir en que onde non ten maioría o Partido Popular e pactan os outros partidos para que non poida gobernar o PP “o lío está asegurado, e iso repercute negativamente nos veciños que, en lugar de ver os seus problemas resoltos téñense que conformar con presenciar as liortas internas dos que gobernan”, concluiu Barreiro quen pediu aos militantes que asistiron á cea un apoio masivo a José Luis Fugarolas o vindeiro día 27 de maio.

Pola súa banda, o candidato e actual alcalde de Pol, José Luis Fugarolas, agradeceu aos concelleiros saintes o seu labor de tantos anos, e dixo deles que foron “xente moi válida e que traballou moito por Pol”. O candidato explicou que a nova candidatura coa que se presenta é “unha garantía de seriedade e de honradez porque son persoas que se queren implicar para traballar por moitos anos”. Segundo explicou, o criterio seguido para confeccionar a lista foi elixir a “xente nova e válida, con valores e disposta a traballar”.

A candidatura caracterízase por incluir a catro mulleres, dous delas nos postos dous e tres, e pola xuventude de gran parte dos candidatos (case todos por debaixo dos corenta anos) pois, segundo José Luis Fugarolas, “queremos contar coa xente nova no concello para que Pol siga sendo un municipio con futuro”.


CANDIDATURA.-

1. José Luis Fugarolas Villamarín
55 anos, casado e con un fillo. Inspector de Sanidade Pública e Alcalde de Pol.

2. Inés Fernández Díaz
29 anos. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

3. María Remedios Castedo Carballo

33 anos. Mestra.

4. José Luis Muíña Balado
53 anos. Funcionario de Correos

5. Artemio Gustavo Carballés Fernández
50 anos. Constructor.

6. Carlos Isaac Neira Iravedra
38 anos. Gandeiro.

7. José Ángel Ferreiros Casal

36 anos. Gandeiro.

8. Arsenio Losada Díaz
33 anos. Gandeiro.

9. María José Naval García
35 anos. Veterinaria.

SUPLENTES

1. José María Fernández Pérez
68 anos. Jubilado.

2. José Manuel Cedrón Castrillón
76 anos. Jubilado.

3. José Lenza Labrada
68 anos. Jubilado.

4. Manuel Balea Naval

60 anos. Gandeiro.

PRENSA
PARTIDO POPULAR