Barreiro acompañou a José Manuel Arias na presentación da candidatura diante dos simpatizantes |
Venres, 30 de marzo de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, acompañou hoxe ao candidato á alcaldía de Bóveda José Manuel Arias na presentación da candidatura coa que vai concurrir aos comicios do 27 de maio. Barreiro amosouse confiado en que os veciños saberán recoñecer o bo labor realizado por Arias todos estes anos e que o volverán a a elexir o seu alcalde, “porque é o único capaz de levar a bo porto os proxectos que xa están en marcha”.
O presidente provincial, José Manuel Barreiro, descatou o bo momento no que se atopa arestora o concello de Bóveda avalando a candidatura de José Manuel Arias López. Barreiro resaltou que, sendo Bóveda un concello pequeno “percíbese nel o resultado dunha boa xestión porque foi un pobo pioneiro en acadar novos servizos para os veciños”. Nese senso, Barreiro insistiu na necesidade de que o PP renove a maioría absoluta en Bóveda: “Arias xa demostrou a súa capacidade para gobernar en solitario, sen necesidade de tutelas” e pediu aos militantes e simpatizantes que se volquen en apoiar ao seu alcalde “que ben o merece”.
Nese senso, Barreiro explicou que un dos riscos que corren os veciños de Bóveda “é ver como normales as cousas ben feitas e crer que calquera que goberne pode facelas igual que as fixo José Manuel. Hai sitios onde pensaron así, quitaron a maioría ao PP para que pactaran os outros partidos, e hoxe están moi arrepentidos”, explicou Barreiro quen asegurou que o PP é o único partido que ten un proxecto claro de futuro e de benestar para os veciños.
Pola súa banda, o candidato á alcaldía, José Manuel Arias, definiu a súa lista electoral como a mellor mostra de compromiso co futuro de Bóveda. “Todos os que van na lista son xente que demostrou a súa valía traballando desinteresadamente de forma altruista por mellorar a calidade de vida dos veciños de cada parroquia, agora van a poder facelo dende o concello”, explicou Arias.
A candidatura, que foi consensuada polo comité executivo local e contou co respaldo dos colaboradores do partido nas parroquias, renóvase case ao completo (tan só repiten tres concelleiros) e inclúe a catro mulleres, e dous mozos que van nos postos de saída.
Con esta lista, José Manuel Arias quere levar a cabo os proxectos que aínda están pendentes no concello. “Nestes últimos anos deuse un pulo importantísimo a Bóveda en moitos aspectos, pero especialmente na creación de emprego pois sacouse adiante o polígono industrial e maila residencia para a terceira idade, queremos continuar nesta liña traendo progreso e calidade de vida ao concello”, dixo Arias.
Para José Manuel Arias López estas son as eleccións máis importantes “hai que pechar proxectos e finalizar obras importantes” Por iso o candidato expresou o seu optimismo de cara a batalla electoral “seremos os vencedores nas eleccións do 27 de Maio”, puntualizou.
CANDIDATURA.-
1. José Manuel Arias López
45 anos, casado e con unha filla. Concelleiro da corporación municipal de Bóveda dende o ano 1991, nese mandato ocupouse da concellalía de deportes. Nas eleccións do 99 pasa a encabezar a lista e accede á alcaldía.
2. José Luis Rivera Saco
48 anos. Empresario e actual concelleiro.
3. Dionisio Blanco Rubiños
47 anos. Médico.
4. Javier Domínguez López
28 anos. Empresario
5. Cristina Juiz López
33 anos. Administrativa.
6. Luisa Gómez Peña
43 anos. Empregada.
7. Manuel Vidal Nogueira
50 anos. Empresario.
8. Jaime Fernández Cortiñas
38 anos. Agricultor e gandeiro.
9. Manuela López López
54 anos. Empresaria.
SUPLENTES
1. Juan Rodríguez Parejas
55 anos. Empresario e actual concelleiro.
2. Pilar González Rodríguez
49 anos. Administrativa e actual concelleira.
3. Manuel López Armesto
44 anos. Empresario.
PRENSA
PARTIDO POPULAR