Xoves, 29 de marzo de 2007.- O Partido Popular mantivo esta semana reunións para analizar as distintas posibilidades e iniciativas a adoptar polos concellos afectados polo canon eléctrico. Os encontros leváronse a cabo trala sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que fallaba a favor do concello de Chantada no seu contencioso coa Deputación Provincial.
O Partido Popular estudia fórmulas para que os 16 concellos de Lugo afectados poidan ter acceso tamén ás compensacións do canon eléctrico. Mesmo, non se descarta que os alcaldes destes municipios presenten recurso por vía administrativa, un asunto que debatirán os alcaldes xunto co Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, nos próximos días.
A xuizo do Partido Popular non tería sentido que a decisión desta sentencia se aplique só nun concello, o de Chantada, tendo en conta que hai outros municipios na mesma situación. Por este motivo o PP está disposto a esgotar todas as vías legais para acadar un resultado ecuánime para todos os concellos.