Xove-Cervo, 29 de febreiro de 2008.- Os candidato ó Senado José Manuel Barreiro e María del Carmen Gueimunde, xunto co secretario xeral do PP de Lugo José Manuel Balseiro, entre outros, participaron hoxe en Xove e Cervo en sendos mítines. O secretario xeral dos populares lucenses criticou que os socialistas en catro anos non foran capaces de adiantar nada no tramo estatal do corredor San Ciprián-Barreiros. “Non hai sequera estudio informativo”, asegurou Balseiro, quen lembrou neste senso que o PP no ano 2004 fixo unha consignación orzamentaria para levar adiante este estudio, deixando para elo a documentación precisa para a súa licitación.
José Manuel Balseiro calificou de “patético” que os orzamentos xerais do Estado dos últimos anos incluiran partidas mínimas para esta obra que “non chegan para nada” e ilustrou a súa afirmación asegurando que nos orzamentos de 2008 só aparecen consignados 50.000 euros.
José Manuel Balseiro calificou de “patético” que os orzamentos xerais do Estado dos últimos anos incluiran partidas mínimas para esta obra que “non chegan para nada” e ilustrou a súa afirmación asegurando que nos orzamentos de 2008 só aparecen consignados 50.000 euros.
Outro dos asuntos abordados por Balseiro foi a paralización do proxecto de construcción dun polígono industrial supramunicipal no entorno de Alcoa e que afectaría ós concellos de Xove e Cervo. “Era outro máis das obras incluidas no Plan Galicia e que o Goberno Socialista paralizou nada máis chegar á Moncloa”, asegurou.
José Manuel Barreiro pola súa banda preguntouse qué foi da promesa electoral do número 1 dos socialistas José Blanco realizada o 19 de setembro de 2003 de que nos seis primeiros meses do Goberno de Zapatero crearíase a autoridade portuaria de Lugo. E salientou a imperante necesidade de abrir ó tráfico comercial o dique norte do porto de Alcoa.
Outra promesa incumplida dos socialistas xa que no seu Plan Intermodal de Servicios e Infraestructuras do Transporte recollíase a apertura do Porto de San Cibrao ó tráfico. Un compromiso que tiña, ademais, fixado un plazo: no transcurso desta lexislatura. A realidade, pola contra, é ben distinta, deste compromiso, “avalado polo propio Presidente Rodríguez Zapatero e reiterado polo senador Lago Lage en máis dunha ocasión, nada se sabe”.
Barreiro aseguron que se Mariano Rajoy gaña as eleccións o Plan Galicia executarase. “Iniciaranse de inmediato todas as grandes obras públicas do Plan Galicia que o Goberno central mantivo paralizadas nos últimos catro anos”, asegurou.
“Nos 100 primeiros días de Goberno, o Consello de Ministros tomará as decisións necesarias para que todas as obras pendentes se inicien en 2008”, asegurou.
“Nos 100 primeiros días de Goberno, o Consello de Ministros tomará as decisións necesarias para que todas as obras pendentes se inicien en 2008”, asegurou.