Guillermo Leal presentou unha candidatura para gobernar Viveiro e rematar coa crispación |
Sábado, 24 de marzo de 2007.- O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, acompañou esta mañá ao candidato á alcaldía de Viveiro, Guillermo Leal, na presentación do seu equipo para as vindeiras eleccións municipais de maio. Barreiro, quen significou a importancia deste día para Viveiro, dixo que Leal será o próximo alcalde da cidade “por unha razón: Viveiro non pode seguir nesta situación de crispación, Viveiro necesítao”. O presidente provincial afirmou que o Partido Popular entende a política como “unha forma de solucionar os problemas da xente, non como outros que a conciben como unha excusa para a confrontación permanente”.
Neste senso, preguntouse “¿que proxecto identificou aos actuais gobernantes nestes catro anos máis aló da difamación da oposición?”. Segundo Barreiro, esa liña de enfrontamento e descalificación permanente non é posible nun goberno popular porque “o único que a nós nos preocupa é presentar proxectos e equipos capaces de levalos adiante, equipos como o que hoxe presenta Guillermo”. Neste senso, explicou que o criterio seguido para elaborar a lista en Viveiro foi a do sentido común, segundo Barreiro “as mulleres e os homes que figuran na candidatura de Guillermo Leal non responden a cremalleiras nen imposición ningunha, senón tan só á valía e capacidade de traballo acreditada por eles na súa vida profesional”.
Barreiro tamén tivo palabras de agradecemento para o anterior rexidor popular César Aja. “Viveiro débelle moito a César Aja, gracias ao traballo realizado por el nestes anos, Viveiro é hoxe unha cidade que brilla con luz propia no conxunto da Mariña” dixo o presidente provincial.
Previamente á intervención de Barreiro, César Aja, -quen por primeira vez en 24 anos non figurará na lista electoral-, afirmou que a candidatura presentada por Leal é a que Viveiro necesita para “gobernar e recuperar a ilusión, o investimento e o respeto que Viveiro e a súa cidadanía demandan e merecen”. Neste senso, Aja definiu a lista de Leal como “unha candidatura de xente nova pero, ao mesmo tempo madura e de amplia formación intelecutal e profesional” . O senador por Lugo, expresou tamén a súa intención de apoiar sen fisuras ao novo equipo “que a partires de maio terá novamente a responsabilidade de gobernar Viveiro coa sensatez e responsabilidade necesaria para evitar que os que apoian, colaboran e pactan cos terroristas sigan gobernando no noso Concello”.
O candidato á alcaldía, Guillermo Leal, manifestou a súa intención de retomar a senda de progreso e de convivencia na cidade en beneficio de todos. Leal afirmou que Viveiro necesita traballo e dedicación “pero por encima de todo vocación de servir aos demáis, escoitando a todos e contando con todos”.
Asi mesmo, expresou que “os viveirenses non poden perder nen un segundo máis en enfrontamentos personalistas que só satisfacen a os que entenden a política como un medio para os seus fins individuais”. Asi mesmo resaltou as desatencións do bipartito aos problemas reais dos veciños: “hoxe Viveiro ten plantexadas as mesmas necesidades clave para o seu desenvolvemento que hai catro anos sin que ninguén lles soubera dar resposta”. A este respecto anunciou a súa intención de “aportar iniciativas a prexectos que permitan consolidar o desenvolvemento económico, crear novos postos de traballo, favorecer o acceso á vivienda, o deporte e á cultura e, moi especialmente recuperar a convivencia entre os veciños”, sinalou Leal quen concluiu con un chamamento pola unidade de tódolos cidadáns para sacar Viveiro adiante.
Relación e breve perfil da candidatura
1. Guillermo Leal Arias
Concorre por primeira vez como candidato á alcaldía. Ten 41 anos, está casado ten dúas fillas e é Asesor Fiscal. Foi concelleiro de Economía e Facenda entre 1999 e 2003 e concelleiro da oposición os últimos catro anos. En febreiro de 2007 foi elexido candidato á alcaldía de Viveiro.
2.- Raquel Atadell Giz
34 anos. Interventora de banca. Licenciada en Económicas.
3.- Jesús Fernández Fernández
41 anos. Subdirector de banca.
4.- Mª del Carmen Gueimunde González
38 anos. Profesora de F.P. Licenciada en Bellas Artes.
5.- Vanesa Rego Martínez
27 anos. Diplomada en Relacións Laborais.
6.- Juan José Pardo Gato
48 anos. Profesor Técnico de Formación Profesional.
7.- Celestino Valentín García Paz
58 anos. Oficial Industrial Electricista.
8.- Rita Míguez Domínguez
39 anos. Administrativa.
9.- Diego Aparicio Martínez
20 anos. Industrial de hostelería. Dj´s
10.- Verónica Mantilla Rodríguez
25 anos. Técnico Superior en Administración e Finanzas.
11.- Cándida Méndez Salgado
34 anos. Profesora de primaria.
12.- Montserrat Cal Chao
28 anos. Dependienta.
13.- Alfredo Almoina Jiménez
22 anos. Industrial de hostelería.
14.- Ana Mª Sánchez López
41 anos. Industrial e Agricultora.
15.- Valentín Mera Sánchez
44 anos. Carpinteiro- Ebanista.
16.- Noé Pico Campos
24 anos. Empregado de Empresa Eólica.
17.- Rosario Canoura Labayen
34 anos. Empresaria de Óptica.
SUPLENTES
1.- Alfonso Monteagudo Gómez
35 anos. Empregado de conserveira.
2.- Inés Castro Ruiz
32 anos. Técnico Superior Aplicaciones Informáticas.
3.- Vicente Vázquez Chao
19 anos. Empregado da construcción.
PRENSA
PARTIDO POPULAR