Partido Popular de Lugo

BARREIRO REDUCE A XESTIÓN DO ALCALDE A PROXECTOS HERDADOS DO PARTIDO POPULAR

(EXTRACTO DA ENTREVISTA EMITIDA O 21 DE MARZO NO PROGRAMA DE TELELUGO A ENTREVISTA)

Auditorio municipal.-

“Desgraciadamente é de actualidade este tema, por eso pedimos explicacións na Xunta de Galicia”. José Manuel Barreiro lamentou que tanto a Conselleira de Política Territorial como a de Cultura rexeitaran comparecer na cámara galega para dar explicacións sobre a paralización deste asunto “ou ben non teñen explicacións ou hay algo que ocultar”.

Oito anos despois de goberno de Orozco, Lugo segue sen auditorio. preséntase á reelección co mesmo proxecto do que non foi capaz de poñer nin a primeira pedra.

Expectativas na provincia .-

O PP aspira a ser a forza maioritaria, e a seguir gobernando na deputación. José Manuel Barreiro é optimista con respecto aos resultados do vindeiro 27 de maio e afirma que aspira a recuperar, entre outros, os gobernos de Lugo, Monforte, Guitiriz, Viveiro, Ribadeo, Foz,… “somos o único partido que ten un proxecto conxunto da provincia”.

Para O Presidente Provincial a proba de que outros adversarios carecen dun proxecto é que non se coñece ao seu candidato “o PSOE carece dun proxecto para o conxunto da provincia, proba da inconsistencia e ambigüedade da súa mensaxe é que os socialistas son incapaces de poñerese dacordo para decidir que van ser o seu candidato á deputación”.

Confección candidaturas.-

“Nin un só alcalde dos que anunciaron non repiten como candidatos na provincia tomou a decisión como consecuencia dunha crise. Todos eles seguirán ou ben formando parte da candidatura ou mantendo responsabilidades dentro do partido”.

José Manuel Barreiro destacou que se ben para os demais partidos é noticia presentar candidatos nos 67 municipios, “para o Partido Popular eso non supón un titular, para nós se enmarca dentro da normalidade”.

Candidaturas independentes.-

“Forman parte da normalidade da democracia. Non se ven representadas polas forzas políticas que hai e temos que velo como algo normal”.

“Nós sempre estivemos abertos á participación de todo o mundo”.

“Nós non imos coa chequeira como Ricardo Varela en Pantón. Esta estratexia forma parte dos ámbitos comerciais e aí o PP non vai entrar”.

¿A ausencia de Francisco Cacharro, influirá nos resultados?, ¿seguirá no Senado?

Está claro que hai unha traxectoria que avala o seu traballo. No Partido Popular pensamos que os resultados son máis froito dun proxecto serio e dos equipos que presentamos; non se basean tanto nunha persoa.

“Estamos traballando na confección de candidaturas, é o que toca”.

Captación do voto emigrante.-

José Manuel Barreiro referiuse ao recoñecemento do candidato de Vila de Cruces de que pagaría comisionistas electorais no exterior. O Presidente provincial condenou esta práctica utilizada polo PSdeG.

José Manuel Barreiro referiuse a viaxe do Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a Bos Aires poniendo en tea de xuizo que o titular desta Consellería estivese buscando no exterior algo máis que a promoción do emprego. O Presidente Provincial explicou que o decreto que regulaba as súas tarefas no exterior, e que se asinou o pasado venres, especificaba que a súa tarefa oficial empezaba o luns “descoñecemos si se dedicou neses dous días a outro tipo de actividades”.
 

Expectativas en Lugo.-

José Manuel Barreiro considera que o único resultado válido en Lugo é sacar por riba dos 13 concelleiros. Do candidato, Joaquín García Díez, subliñou a súa credibilidade en relación aos logros acadados durante os catro anos nos que estivo na alcaldía.

O Presidente Provincial puntualizou que oito anos de goberno de Orozco é un periodo moi longo e engadiu que no balanzo de logros do actual equipo de goberno o único que hai son proxectos herdados e outros proxectos fracasados…

“non nos quedemos no escaparate, oito anos pasando as mans polo lombo non dan para comer, e as cidades teñen que comer”

“eu non xulgo si Orozco é bo ou malo. Pero do que sí estou convencido é que Joaquín ten demostrado que é mellor alcalde que el”.
 

Vertedoiro Ilegal de San Cibrao.-

José Manuel Barreiro considera que o caso do vertedoiro ilegal de San Cibrao é un dos máis graves do goberno de Orozco e da época democrática de Lugo. O que pasou aquí proba a dobre cara de Orozco “o alcalde entende que o concello é da súa propiedade e autoriza verbalmente a un particular, sen licencia nin trámite algún, a utilizar como vertedoiro ilegal un terreo de titulariedade municipal”.

PRENSA
PARTIDO POPULAR