Xoves, 15 de marzo de 2007.- O Presidente do Partido Popular, José Manuel Barreiro, confía en que José Blanco López poida desbancar aos socialistas e se faga coa alcaldía de Ribas de Sil. Así o manifestou na presentación do candidato deste partido que tivo lugar hoxe pola tarde nun mesón da localidade.
José Blanco López concorre por primeira vez como candidato a alcalde tras ser elixido en 2004 presidente do comité executivo local. Durante a súa intervención, Blanco expresou a honra que para el supuña aspirar á alcaldía do seu pobo, e manifestouse ilusionado e con moitas ganas de traballar “para poñer en marcha os proxectos e iniciativas que Ribas necesita para non perder o tren do futuro”, afirmou Blanco.
Pola súa parte, José Manuel Barreiro dixo que Blanco López merece ser elixido alcalde de Ribas de Sil porque “é unha persoa comprometida co seu pobo, que sabe escoitar aos veciños e que coñece de preto as necesidades e problemas que é preciso atender”, explicou Barreiro.
O Presidente provincial animou aos simpatizantes e militantes do Partido Popular de Ribas de Sil a que apoien masivamente a candidatura de Blanco para que Ribas de Sil poida incorporarse á lista de concellos que progresan con realidades e servizos e non con palabrería.
PERFIL DO CANDIDATO
José Blanco López, de 56 anos é propietario dunha empresa de materiais para a construcción, está casado e ten dous fillas e un fillo. A súa vinculación coa política local iniciouse nas eleccións de 2003, nas que concorreu como número dous do Partido Popular. Trala renovación da executiva local en 2004 foi elexido presidente da mesma e, recentemente, nomeado candidato á alcaldía de Ribas de Sil.
Blanco afirma que o PSOE mantén a Ribas de Sil nunha situación de estancamento. “Non atenden ás verdadeiras necesidades do pobo, fallan no máis importante e, de non corrixirse esta situación, corremos o risco de que Ribas se convirta nun pobo sin futuro” explicou Blanco. Concretamente parécelle preocupante que en todos estes anos o alcalde non fora capaz de aprobar un Plan Xeral que delimite as normas da edificación. “Esa carencia está facendo perder traballo e diñeiro aos veciños”, explicou. Neste senso, manifestou a súa intención de traballar dende a alcaldía para dotar á vila dun Plan Xeral de Ordenación.
Tampouco existe un espazo para que as empresas poidan asentarse e crear emprego. “As empresas locais non poden medrar por falta de chan industrial, e as de fora xa non poden vir porque non teñen onde ubicarse” explica Blanco.
Para José Blanco é preciso facer unha aposta clara e decidida polo futuro de Ribas de Sil, de xeito que as novas xeracións non teñan que ir fora a traballar e poidan atopar emprego dentro do seu pobo.
PRENSA / PARTIDO POPULAR