Lugo, 10 de marzo de 2007-. O presidente provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou hoxe no transcurso dunha reunión de traballo con mulleres, a presentación dunha iniciativa do Partido Popular para reclamar a creación en Lugo dun xulgado específico contra a Violencia de Xénero. A violencia de xénero é unha lacra na Comunidade Autónoma, tal e como denunciou no seu día o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero a Comunidade Autónoma de Galicia sufre unha discriminación fronte a outras Comunidades en canto á dotación deste tipo de xulgados, xa que o único que existe en Galicia é o de Vigo que foi inaugurado o 3 de xaneiro de 2007.
O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, clausurou esta mañá unha xornada de traballo na que unha serie de mulleres con contrastada experiencia en materia de Igualdade plantexaron unha batería de propostas para configurar o programa electoral do PP lucense nas vindeiras eleccións municipais.
En Lugo viven actualmente 356.595 persoas, das que son mulleres 183.628, case un 52%, fronte ao 48% de homes. O programa do Partido Popular para os concellos pretende conquerir a igualdade real entre mulleres e homes, dándolle ás políticas de igualdade a importancia que merecen, xa que benefician a unha maioría da poboación dos nosos concellos.
“Unha organización política comprometida coa igualdade, políticas activas de emprego feminino, conciliación da vida laboral e familiar, inserción social e o máximo esforzo para a erradicación da violencia de xénero”, son os eixos sobre os que se articulan as propostas que o PP de Lugo asumiu para o seu programa electoral. “Un programa electoral -avanzou Barreiro- que aposta pola conciliación da vida laboral e familiar para acadar unha Igualdade real de oportunidades para os cidadáns fronte aos que se conforman coa Igualdade formal”.
EMPREGO E CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
José Manuel Barreiro diferenciou entre o feito de que unha muller teña os mesmos dereitos recoñecidos que un home e que ambos sexan, por exemplo, remunerados igual ante o mesmo traballo.
Así, sinalou que “paro, salarios e precariedade laboral” son os tres males que afectan ás mulleres en materia de emprego. Segundo as estadísticas recollidas no Eurostat e no INE, o Presidente provincial do PP recordou que as cifras de paro feminino casi duplican as de paro masculino, os salarios das mulleres son un 26% inferiores aos dos homes; e o 80% dos contratos parciais que se realizan en España son para postos que ocupan as mulleres.
Por iso, o PP de Lugo apostará, desde os concellos, por políticas activas de emprego feminino e porá, desde os gobernos municipais, todo o empeño necesario para acadar a conciliación entre a vida laboral e familiar. Neste senso, Barreiro se comprometeu a complementar estas propostas municipais coa actividade do partido no Parlamento de Galicia.
EMPREGO |
Apoiaremos económicamente ás pequenas empresas e emprendimentos creados por mulleres |
Daremos formación gratuita ás mulleres naquelas áreas que teñan maiores posibilidade á hora de conquerir un emprego: tecnoloxías da información, servizos de atención a menores e persoas maiores, turismo, creación de empresas… |
CONCILIACIÓN |
Crearemos servizos e programas de atención a pequenos/as que axuden a mulleres e homes durante o seu horario de traballo e en períodos de vacacións escolares. |
Crearemos servizos de apoio para a atención ás persoas dependentes |
Apoiaremos e fomentaremos o voluntariado dos concellos no apoio á comunidade en materia de conciliación |
Estableceremos programas de apoio á conciliación nas explotacións agrarias e gandeiras, onde resulta aínda máis difícil para as mulleres contar con tempo para a súa vida persoal |
Promoveremos la adecuación de los horarios laborales, empezando por las administraciones públicas, a las necesidades de conciliación de la vida personal y familiar. |
Impulsaremos a coordinación dos calendarios escolares cos laborais, ofrecendo nos centros educativos un programa de actividades extraescolares e estudios dirixidos en vacacións, tardes, fins de semana. Ademais, adquirimos o compromiso de que tódolos colexios conten con comedor escolar. |
Ampliaremos a rede de garderías municipais, adecuadas ao horario laboral e abertas todo o ano. |
Estableceremos programas de apoio á conciliación nas explotacións agrarias e gandeiras, onde resulta máis difícil aínda para as mulleres contar con tempo para a súa vida persoal. |
UNHA ORGANIZACIÓN POLÍTICA COMPROMETIDA COA IGUALDADE
No que se refire á organización política, José Manuel Barreiro destacou “o compromiso do PP de Lugo coas políticas destinadas a profundar na equiparación real entre homes e mulleres na Administración”. “Unha igualdade real”, que vai máis aló das políticas de “igualdade formal e estética” de PSOE e BNG, que mentres prometían un goberno paritario que non foron quen de reunir -8 homes e 6 mulleres-, nomeaban homes para os Altos Cargos nun 75% dos casos.
ORGANIZACIÓN POLÍTICA |
Crear unha Comisión Interdepartamental municipal que se encargará da atención específica ás mulleres en todos os programas do concello |
Formar ao persoal político e técnico do concello en materia de Igualdade entre mulleres e homes, para a transversalidade na atención ao tema da Igualdade sexa unha realidade en todos os departamentos |
A estas novas propostas se uniría a formulada hai un ano de “crear en todos os concellos de Galicia unha concellería específica de Igualdade”
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O presidente provincial tamén se referiu á “lacra” do maltrato doméstico. O presidente do PP de Lugo avanzou algunha das propostas dos populares no ámbito da violencia de xénero, que serán reforzadas por propostas de Seguridade. Barreiro quixo facer “un chamamento á toda a sociedade para que nos concienciemos sobre un mal que sí que é evitable”, e mostrou o seu desexo de que “no programa das eleccións de dentro de catro anos non sexan necesarias estas medidas porque este mal desapareceu”. Neste contexto, anunciou a presentación dunha iniciativa para reclamar a creación en Lugo dun xulgado especial contra a violencia de xénero.
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO |
Estableceremos, nos servizos sociais comunitarios ou municipais, unha unidade de apoio e detección precoz da violencia de xénero, que atenda de maneira urgente aqueles casos que se den no concello, derivándoos posteriormente a outros recursos. |
Crearemos unha bolsas de axuda urxente, de tipo económico, para aquelas mulleres que polo feito de ser vítimas de violencia de xénero, precisen dela. |
INCLUSIÓN SOCIAL
Por último, José Manuel Barreiro avanzou tamén medidas para a inclusión social de colectivos de mulleres que viven unha situación máis desfavorecida.
INSERCIÓN SOCIAL |
Crearemos un programa de atención e reinserción formativa, social e laboral das mulleres vítimas da prostitución que queiran abandoar o exercicio desta. Campañas sobre a situación de explotación que sufren as mulleres neste negocio. |
Crearemos un programa municipal de apoio ás mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas, con servizos de orientación formativa e laboral, apoio legal e lingüístico, busca de alonxamento, apoio familiar… |
PRENSA
PARTIDO POPULAR