Partido Popular de Lugo

BARREIRO PRESENTA A WEB DO PP DE LUGO COMO NOVA CANLE DE COMUNICACIÓN DIRECTA COS LUCENSES

José Manuel Barreiro presentou a web do PP de Lugo xunto a Joaquín García Díez

José Manuel Barreiro presentou a web do PP de Lugo xunto a Joaquín García Díez

Venres, 9 de marzo de 2007 .- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, presentou hoxe a páxina web do Partido Popular de Lugo como unha nova ferramenta que vai permitirachegar máis o Partido Popular aos lucenses de tódala provincia para que nos coñezan mellor e nos fagan chegar de primeira man as súas inquedanzas e posibles iniciativas”. Segundo manifestou Barreiro, o sitio web é unha mostra do compromiso asumido polo Partido Popular de escoitar á xente e de contar con todos no seu proxecto político. No transcurso do acto, Barreiro anunciou tamén que nas vindeiras semanas presentarase a web do candidato á alcaldía de Lugo, Joaquín García Díez e a súa propia como candidato á presidente da Deputación Provincial.

O presidente provincial explicou que “Internet non é un medio de “masas” senón de individuos e de persoas”, nese senso afirmou que a web do Partido Popular de Lugo “vainos permitir contactar directamente coas persoas alí onde vivan, e dar a coñecer o noso traballo aos nosos militantes e simpatizantes e, por suposto, ao conxunto da cidadanía que é a principal prioridade do Partido Popular.”

O sitio www.ppdelugo.es conta cun deseño claro e accesible e ten por finalidade principal achegar aos cidadáns os representantes do Partido Popular da provincia nas distintas institucións parlamentarias así como a súa actividade política. Quen visite a web poderá coñecer os datos principais dos deputados lucenses no Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados, Senado e Parlamento Europeo. Asimesmo, recóllense as iniciativas parlamentarias presentadas na cámara galega polos representantes da provincia.

Outra das finalidades da web ás que se referiu o presidente provincial consiste en tomar o pulso á opinión da sociedade. Para esta fin creouse un espazo dende o que os usuarios poderán remitir por correo electrónico ao Partido Popular lucense as ideas, proxectos ou inquedanzas que lles gostaría poñer en marcha no seu concello, “as cales serán puntualmente respostadas” anunciou Barreiro.

A páxina conta tamén cun apartado adicado ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio no que pronto se poderá consultar o nome dos candidatos do PP en cada un dos concellos da provincia. Neste mesmo apartado figurará tamén o Programa Marco de Galicia que presente o PP de G coas propostas que afecten á provincia de Lugo.

Barreiro, quen tamén definiu a web como unha “ferramenta de traballo para os profesionais da información como fonte de información e documentación”, comprometeuse a manter o sitio actualizado e con novos contidos de interese. “Cumprimos así coa a nosa vocación de manter un contacto permanente e o máis directo posible coa xente a través das novas fórmas de comunicación que trae a evolución da sociedade”, explicou o presidente provincial.