Sábado, 3 de Marzo de 2007.- O Presidente Provincial do Partido Popular arroupou esta tarde ao novo candidato do PP de Portomarín Juan Carlos Serrano López. Durante o acto de presentación José Manuel Barreiro agradeceu “o compromiso, o esforzo e bo facer” da xestión do actual alcalde Eloy Rodríguez e destacou “o moito que traballou para conseguir que Portomarín medrara e se fixera un nome dentro da ruta xacobea”.
Ao candidato, José Manuel Barreiro, auguroulle uns bos resultados tendo en conta o aval co que se presenta a estes comicios.
Eloy Rodríguez fixo un repaso da xestión realizada nos últimos 30 e ao rematar a súa exposición remarcou “nunca soñei facer tanto, acórdanse mil obras … e botando unha ollada atrás, vou convencido de que este é o momento de dar paso”.
Perfil candidato.-
Juan Carlos Serrano López ten 41, está casado e ten tres fillos. Este gandeiro-avicultor agradeceu a xenerosidade do alcalde e prometeu “traballo, esforzo e dedicación”. O alcaldable do PP de Portomarín explicou que xa está perfilando a candidatura e anunciou que manterá unha rolda de entrevista con distintos colectivos e asociacións do municipio co obxecto de preparar un programa que conte co maior consenso posible.
Juan Carlos Serrano López avanzou os tres pilares básicos entorno aos que vai xirar o seu programa: “por un lado novas medidas relacionadas co turismo, aproveitamento do potencial do rural con novos proxectos; e despegue das infraestructuras industriais”. Outro eixo do seu programa ten que ver coa mellora dos servicios sociais para incrementar a cobertura de necesidades que hai no municipio.
PRENSA
PARTIDO POPULAR