Sábado, 3 de marzo de 2007.- O presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, participou este mediodía na presentación dos candidatos da mariña oriental. O acto desenvolveuse nun multitudinario xantar que tivo lugar no monte de Santa Cruz de Ribadeo e ao que asistiron preto de 400 persoas.
Entre os seis alcaldables tres caras novas con respecto aos carteis das anteriores eleccións muncipais, a dos candidatos de Burela, Cervo, Barreiros e Foz, (José González Barcia, Alfonso Villares Bermúdez, Alfonso Fuente Parga e Àngel Cao Pérez, respectivamente). O resto dos alcaldables repiten candidatura.
Deles, José Manuel Barreiro destacou o traballo realizado, “todos son “persoas políticamente moi comprometidas e socialmente moi queridas. Levan anos traballando activamente en prol da mellora da calidade de vida dos veciños destes municipios ”.
O Presidente Provincial tamén subliñou a xuventude e a experiencia dos candidatos máis novos que se presentan nesta comarca (os candidatos de Barreiros e Cervo teñen entre 35 e 37 anos) “que malia a súa xuventude contan con gran experiencia en xestión municipal e teñen gañas e empuxe para afrontar novos retos”.
Barreiro dixo que “somos un partido ao servicio dos veciños, o noso compromiso é traballar e poñer en práctica un proxecto que reflicta o sentir do pobo e represente as distintas realidades sociais.” Nese senso, Barreiro amosouse optimista cara as vindeiras eleccións na Mariña porque “a xente dase conta do que están a traer os demáis partidos onde gobernan: descoordinación, crispación e paos nas rodas do progreso”.
Por tal motivo, o presidente provincial considera “fundamental” que o Partido Popular renove unha vez máis cos veciños o seu compromiso nos concellos da Mariña para poder seguir acadando así maiores niveis de desenvolvemento e progreso nunha das comarcas con máis futuro de Galicia.
CERVO.- Alfonso Villares Bermúdez.- (689 180 818)
Alfonso Villares Bermúdez incorporouse, con tan só 24 anos, á política municipal. O candidato do PP foi concelleiro da oposición entre os anos 1995-1999, e logo xa no goberno asumiu responsabilidades de facenda, ocupando na actualidade o cargo de segundo tenente de alcalde.
Este veterinario de 36 anos afirmou que afronta esta nova etapa con seguridade e “con moitas gañas de facer”. Di que o seu aval son os proxectos realizados durante estes 8 últimos anos polo Partido Popular”.
Durante a súa intervención o candidato fixo un repaso das actuacións levadas a cabo para mellorar a calidade de vida dos veciños de Cervo e puxo de manifesto a súa intención de “consolidar o proxecto do PP no municipio aumentando o respaldo social”. As infraestructuras, os proxectos educativos e melloras sociais serán os eixos do seu programa.
Alfonso Villares Bermúdez está casado e ten un fillo.
BURELA.- José González Barcia (638 76 26 96)
José González Barcia concorre por primeira vez como candidato á alcaldía de Burela. Casado e con un fillo, este burelés de 50 anos é mestre de profesión e declárase afeccionado á Historia, a música rock e a facer footing. En febreiro de 2005, tras ser elixido por aclamación presidente do PP local, accedeu á alcaldía de Burela en sustitución de Manuel Mon, cargo que aspira a consolidar renovando a maioría absoluta do PP nesta vila.
É a súa vontade presentar aos bureleses un programa electoral baseado nas persoas que permita continuar o labor de humanizar máis a vila, sempre facendo compatible este obxectivo cun desenvolvemento económico e urbanístico armónico e sostible. Na súa candidatura contará con xente nova e capaz de dar resposta ás necesidades do concello.
RIBADEO.- José Carlos Rodríguez Andina (659 736 858)
José Carlos Rodríguez Andina será o candidato do PP en Ribadeo. Rodríguez Andina, de 54 anos, é pai de dous fillos e adícase á ensinanza nun insituto en Ribadeo. Conta cunha longa experiencia na política local, á que accedeu no ano 1991 como portavoz da oposición ata que nas eleccións de 1995 se fixo coa alcaldía.
Na súa etapa de rexidor, Rodríguez Andina acadou para Ribadeo melloras en materias de infraestructuras e servizos, tales como a estación de autobuses, o auditorio, o pabellón polideportivo, a Escola Oficial de Idiomas ou o centro de día. Asimesmo, mellorouse o acceso á vivenda coa construcción de 80 viviendas sociais, e deixou avanzadas as xestións para construir o polígono industrial e a carreteira de circunvalación. En 2003 pasou a liderar a oposición municipal.
Andina califica o actual goberno bipartito ribadense como “un bigoberno descoordinado e mal avenido, o que se traduciu nunha mediocre xestión municipal”. O candidato califica os últimos catro anos como un tempo perdido para Ribadeo.
Rodríguez Andina presentará unha lista de persoas capaces para devolver a Ribadeo a senda de desenvolvemento e traballo, para o que contará cunha lista renovada de xente nova.
BARREIROS.- Alfonso Fuente Parga *** /// 618 752 559 ***
Alfonso Fuente Parga liderará a lista do PP de Barreiros. O candidato que conta coa experiencia adquirida nestes últimos catro anos, primeiro ocupándose das áreas de Turismo, Tesourería e Deportes e logo, tralo falecemento de Luis Fraga Leiro, asumindo a responsabilidade da alcaldía. Con anterioridade ocupouse da secretaría das escolas deportivas de Barreiros. Fuente Parga concorrirá cunha lista renovada nun 50%.
O candidato sinalou que o traballo realizado nestes anos polo PP en Barreiros permitiu consolidar a vila coma un referente turístico en toda Galicia, realidade que se aprecia sobre todo na calidade das súas praias, galardonadas coa bandeira azul da Unión Europea.
Fuente Parga explicou que o seu equipo está a traballar para incrementar a calidade de vida dos barreirenses, apostando polo desenvolvemento económico da vila. “O polígono industrial é xa unha realidade que está a crear traballo para moitos veciños que antes tiñan que ir fora ao non atopar un emprego acorde coa súa cualificación”, afirmou o candidato. Asimesmo, salientou a posta en valor dos espacios naturais como a cascada da Fervenza de San Esteban ou paraxes coma o entorno do río Masma.
En xuño, Alfonso Fuente Parga cumplirá 36 anos, e nese mesmo mes celebrará o nacemento do seu segundo fillo.
TRABADA.- José Manuel Yanes Ginzo (658 624156)
José Manuel Yanes Ginzo liderará, unha vez máis, a lista do PP do concello de Trabada. O candidato que ocupa dende o ano 1991 a alcaldía deste municipio dixo que co apoio de todos o PP seguirá gobernando “aspiramos a manter na situación actual”.
O candidato, funcionario administración local en excedencia, é natural de Trabada, ten 51 anos, está casado e é pai de 3 fillos.
No próximo mandato José Manuel Yanes Ginzo comprometeuse a poñer o seu máximo empeño en impulsar e consolidar no prazo de dous anos o parque empresarial para o municipio. A creación dunha residencia para maiores de 60 prazas, o remate da concentración parcelaria e a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Canto as infraestructuras o candidato aposta pola mellora dunha vía de comunicación interior moi importante do municipio. Trátase da da estrada que une Trabadela con Ria de Abres por Sante.
FOZ.- Ángel Cao Pérez (653 471 352)
O candidato á alcaldía de Foz, Ángel Cao Pérez, conta coa veteranía que adquiriu durante os oito anos que estivo no concello, no período comprendido entre o 1991-1999. Co goberno do PP, foi o responsable da área de turismo e deporte. Nestes últimos anos o candidato seguiu colaborando moi activamente cos seguintes equipos que se presentaron.
Este focense de 47 anos está moi vinculado as actividades deportivas e foi presidente de dous clubes locais de baloncesto durante 7 anos.
O candidato expresou o seu optimismo de cara a batalla electoral “seremos os vencedores nas eleccións do 27 de Maio”, puntualizou.
PRENSA
PARTIDO POPULAR