Partido Popular de Lugo

TOBÍAS MARTÍNEZ COTARELO ASUME ESTA RESPONSABILIDADE CO ÁNIMO DE RECUPERAR A ALCALDÍA PARA OS POPULARES

Venres, 2 de Marzo de 2007.- José Manuel Barreiro presentou esta noite, nunha cea con afiliados e simpatizantes, a Tobías Martínez  Cotarelo como candidato á alcaldía da Fonsagrada.

O alcaldable con 50 anos cumpridos, está casado e ten un fillo. Tobías Martínez Cotarelo é funcionario da Consellería de Medio Rural, e traballa dende o ano 1980 como axente territorial na comarca de Fonsagrada.

O Presidente Provincial, subliñou que o alcaldable do PP da Fonsagrada é unha persoa moi involucrada vida diaria da pobo. Lembrou o seu paso polo concello como edil durante o mandato de Mario Arias Mon, e tamén se referiu ao seu traballo en prol da promoción da comarca a través dos distintos cargos que ocupou na ruta 4×4 da Fonsagrada.   Barreiro non esquenceu o traballo realizado nestes últimos catro anos  na oposición por parte de Amador Rego.

Tras presentar ao candidato o Presidente Provincial amosou a súa máis absoluta seguridade de o PP “manterá sen problemas o deputado provincial que corresponde a este partido xudicial”.

Pola súa banda o candidato dixo que loitará por conseguir a maioría suficiente para gobernar “imos, como mínimo, a polos seis concelleiros”.

Proxectos do candidato.-

O candidato do PP da Fonsagrada referiuse, na súa intervención, aos proxectos que lle gustaría ver materializados. “O primeiro é dotar á vila dun polígono industrial, temos que estar preparados para que os empresarios da Fonsagrada podan aproveitar os investimentos que se fagan por toda a comarca”.

Outros dos puntos fortes do programa do alcaldable do PP son a revisión total do PXOM; o abastecemento de auga a vila a través da presa de Muradal; accesos dignos para todos os núcleos; programas para a xuventude; dotar de sinal de televisión tanto pública como privada a todos os pobos e a posta en marcha dunha residencia para terceira idade. O candidato tamén prometeu recuperar as prazas de persoal sanitario que se perderon, nos últimos meses, no Centro de saúde.

Outra das prioridades de Tobías Martínez Cotarelo é que a Fonsagrada sexa un punto de unión das vías que comunican Galicia e Asturias do interior “hai que acelerar  os prazos de mellora destas estradas”.
 

PRENSA

PARTIDO POPULAR