Partido Popular de Lugo

TOURIÑO EQUIVÓCASE UNHA VEZ MÁIS E CESA A UN DIRECTOR XERAL EN LUGAR DE SUBSTITUÍR Á CONSELLEIRA DE PESCA

·        O PPdeG valora a dignidade persoal de Fernández Cortés, que presentou a dimisión ao sentirse desautorizado pola conselleira, que se nega a pagar as axudas comprometidas polo director xeral agora relevado
 

Santiago, 1 de marzo de 2007.- O presidente da Xunta volveuse equivocar na mañá de hoxe ao aprobar o cesamento do director xeral de Recursos Mariños, cendo debería ter relevado á propia conselleira de Pesca, Carmen Gallego, que ten a rara habilidade de crear todo tipo de conflitos e enfrontarse coa totalidade do sector, sen resolver ningunha das crises plantexadas neste momento.
 

O voceiro de  Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro Orol, advirte que ningún dos problemas que presenta actualmente o sector remitirá mentres non sexa substituída a conselleira Carmen Gallego e responsabiliza da situación ao propio presidente da Xunta por deixar pasar o tempo sen tomar cartas no asunto.
 

En  todo caso, os populares galegos valoran a dignidade persoal amosada por Francisco Fernández Cortés, cesado esta mañá polo Consello da Xunta,  e que optou por presentar a súa dimisión ao sentirse desautorizado pola conselleira. Como director xeral de Recursos Mariños, Fernández Cortés, negociou cos mariscadores da Ría de Ferrol as axudas comprometidas pola Xunta no marco dun plan de emprego acordado en febreiro e que a conselleira se nega agora a facer efectivas.
 

UNHA CONSELLERÍA CON HISTORIAL DE “MAL PAGADOR”
 Balseiro Orol engade que a falta de o pagamento que están a denunciar os mariscadores das confrarías de Ferrol e Barallobre non son exclusivos desa zona. A Consellería de Pesca tampouco está a respectar o acordo que acadou hai varias semanas cos mariscadores da Ría do Burgo, na Coruña. Ese departamento autonómico acumula ás súas costas unha longa nómina de comportamentos de “mal pagador”, como sucedera co plan do polbo e como está a suceder coas axudas do plan da anchoa.