21 de febreiro de 2007.- “Oscurantismo total e improvisación enorme” deste xeito resumía o Presidente Provincial do PP as últimas actuacións do goberno galego para resolver a crise do cargueiro Ostedijk. Estas declaracións facíaas, esta mañá, José Manuel Barreiro, na rolda de prensa que se celebrou en Viveiro, e na que o Presidente provincial estivo arroupado por todos os responsables do Partido Popular da Mariña.
Falta de trasparencia.-
O Presidente Provincial explicou que alcaldes do PP, como o de O Vicedo e Mañón, carecían ata onte mesmo a noite de información directa por parte do goberno galego sobre a situación do barco e as posibles medidas a adoptar. Nese senso José Manuel Barreiro criticou a falta de transparencia por parte do goberno galego no tratamento desta crise xa que entende que os primeiros en ter información deberían ter sido os responsables dos concellos afectados “é inxustificable que ninguén os chamase antes para tranquilizalos”.
Para o Partido Popular outra mostra clara da “descoordinación e falta de previsión” coa que o goberno galego está a abordar esta crise detectouse esta mesma mañá. Os populares explicaron como na reunión que convocou o Conselleiro de Presidencia na Mariña se esquenceu de chamar ao alcalde de Xove.
Improvisación.-
A xuizo do Presidente Provincial na crise do Ostedijk se está actuando con absoluta improvisación “deu a impresión de que non sabían que facer co barco e andaban con el dun lado para outro”.
José Manuel Barreiro manifestou o seu desacordo cunha das solucións apuntadas polo goberno galego que consistiría en tirar o producto na mar a 7-8 millas da costa. O PP oponse a esta solución xa que considera que ainda que non sexa contaminante si terá consecuencias negativas indirectas xa que repercutirá no prezo do pescado que se pagará menos.
Trala rolda de prensa o Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, xunto cos alcaldes e voceiros se desprazaron ata o mirador de San Román , en o Vicedo, dende onde pudieron comprobar a situación na que se atopa o barco.
PRENSA
PARTIDO POPULAR