Mércores, 21 de febreiro de 2007.- José Manuel Arias López encabezará a lista que o PP presenta no concello de Bóveda.
O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, descatou o bo momento no que se atopa arestora o concello de Bóveda avalando a candidatura de José Manuel Arias López. Barreiro destacou “a capacidade de traballo e a súa boa xestión do alcaldable do PP”.
O proceso de designación do candidato levouse a cabo polos cauces habituais que marca o partido, e tras un debate interno, a proposta de José Manuel Arias López aprobouse por unanimidade no seo do comité executivo local. A decisión se adoptaba no transcurso dunha xuntanza que se celebrou a principios deste mes de febreiro.
Para o candidato do concello de Bóveda “a unanimidade alcanzada é o mellor punto de partida para iniciar o traballo”. José Manuel Arias avogou por “seguir traballando” para, como mínimo, conseguir os cinco concelleiros que agora ten no goberno.
Traxectoria candidato.-
José Manuel Arias López é concelleiro da corporación municipal de Bóveda dende o ano 1991, nese mandato ocupouse da concellalía de deportes. Nas eleccións do 99 pasa a encabezar a lista e accede á alcaldía.
O candidato ten 45 anos, vive na parroquia de Rubián, está casado e ten unha filla.
Para José Manuel Arias López estas son as eleccións máis importantes “hai que pechar proxectos e finalizar obras importantes” Por iso o candidato expresou o seu optimismo de cara a batalla electoral “seremos os vencedores nas eleccións do 27 de Maio”, puntualizou.
PRENSA
PARTIDO POPULAR