Partido Popular de Lugo

JOSÉ MANUEL BARREIRO TRASLADA O SEU PESAR Á FAMILIA DA SOLDADO FALECIDA EN AFGANISTÁN

Santiago, 21 de febreiro de 2007.- O portavoz parlamentario do Grupo Popular e presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, enviou un telegrama de condolencia á familia da militar de Friol falecida esta mañá en Afganistán para testemularlles a súa condolencia e a de todos os simpatizantes e militantes do PP lugués.

Barreiro Fernández traslada á familia de Idoia Rodríguez o seu sentido pesar por este dramático suceso que, ao seu xuízo, enche de loito toda a provincia de Lugo e o conxunto de Galicia.
 

O portavoz parlamentario do PPdeG destaca tamén o compromiso e a entrega da soldado falecida, como xa fixera o presidente dos populares galegos noutra mensaxe de pesar remitida á familia na tarde de hoxe.
 

José Manuel Barreiro estivo en contacto, ao longo da xornada, co alcalde de Friol, Antonio  Muiña.