Partido Popular de Lugo

OS PRIMEIROS PASOS PARA A POSTA EN MARCHA DAS GALESCOLAS CONFIRMAN A OBSESIÓN DO BNG POLO SEU CONTROL ABSOLUTO, E O PAPEL DE MERAS COMPARSAS QUE NA SÚA XESTIÓN SE LLES RESERVA OS CONCELLOS

·        Inicialmente, a Vicepresidencia anunciou a creación de 104 novas galescolas con 5.746 novas prazas, pero o certo é que no ecuador da lexislatura, reduciu a previsión a 23 centros e 873 prazas
 

·        A Xunta só construirá o 22,1% das galescolas que anunciou Anxo Quintana, mentres que as prazas comprometidas inicialmente quedarán reducidas a tan só o 15,19% do total anunciado

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2007. A estratexia para politizar as denominadas galescolas continúa levándose á práctica e así o confirman as bases para a contratación do persoal destes centros, nas que a subxetividade e o oscurantismo priman sobre outro tipo de consideracións.

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda denunciou hoxe que a única proba á que se lle otorga un carácter decisivo é a unha entrevista cun tribunal integrado por tres representantes designados pola Vicepresidencia nacionalista frente a solo dous dos concellos: “nisto consiste a xestión directa e con respeto á autonomía municipal que nos Estatutos se lles prometía ós Concellos”, engadiu Alfonso Rueda.

Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polas voceiras de Educación e de Igualdade do PPdeG, Manuela López Besteiro e Susana López Abella, o secretario xeral desvelou que, pese ás reiteradas afirmacións de Quintana de que un dos obxetivos das Galescolas era “acadar que toda a cidadanía de Galicia-viva onde viva-teña o mesmo nivel de benestar e a mesma dispoñibilidade de servizos” as Gelescolas solo se porán en marcha naqueles Concellos que se adherisen ó Consorcio de Servizos Sociais, e polo tanto se obriguen a ter que pasar por este procedemento de selección.

         Esta selección, controlada de principio a fin pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, se fará conforme a unhas Bases en cuia elaboración os Concellos non participaron en ningún momento (a pesar de estar obrigados a pagar unha parte do soldo do persoal que se seleccione) e nin siquera serán publicadas nos Taboleiros de Anuncios Municipais.

EXTRATEXIA EXCLUINTE QUE VAI CONTRA A LEI E O PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGUISTICA
Nesta liña, o Grupo Parlamentario Popular presentou no Parlamento unha interpelación para esixir á Xunta que dea explicacións na Cámara sobre este proceso que, de non ser corrixido, converterá ás galescolas en ferramentas excluintes ao servizo das teorías dun partido político, e non do sentir maioritario dos galegos.
 

Recordan os populares que o bipartito está a incumprir todas as promesas relacionadas coa educación infantil. PSOE e BNG prometeran transferir as escolas infantís á Consellería de Educación para primar o carácter educativo sobre o asistencial, sen que, ata o de agora, teñan dado paso algún nesa dirección.

Outros dous feitos que incrementan a preocupación dos axentes sociais, concellos e pais dos nenos que estudian nas garderías é o anuncio de que as galescolas non respectarán o idioma materno dos nenos e a publicación dun concurso para uniformar a nenos e persoal das galescolas con “mandilóns identitarios” que atentan as recomendacións da psicoloxía moderna, que desaconsella prácticas contra o desenvolvemento intelectual dos nenos mediante a homoxeinización da identidade.

 

INVASIÓN DE COMPETENCIAS MUNICIPAIS
Paralelamente, e aínda que a coa creación do Consorcio Galego de Servizos Sociais se pretendía integrar a todas as garderías infantís dos concellos, desde a Administración local e o propio persoal dos centros, estase denunciando que a Xunta pretende controlar a supervisar competencias estrictamente municipais, sobrepasando con creces a supervisión educativa e social que corresponde ao goberno autonómico, circunstancia especialmente grave se se ten en conta que pretende facerse dende un Departamento sen competencias na materia, e ante a pasividade do que si as ten pero non as exerce.

Ademais, e a pesar de que o Consorcio de Servicios Sociais promovido polo Departamento de Anxo Quintana é, en teoría, un organismo voluntario, a Vicepresidencia da Igualdade nega calquera tipo de axuda ós concellos que non se integren no mesmo, pretendendo, pola vía do chantaxe encuberto, presentar como un éxito político a entrada dos municipios neste Consorcio.

A xuízo de Alfonso Rueda, os diferentes pasos dados ata o de agora pola Vicepresidencia da Igualdade na posta en marcha das galescolas revelan unha estratexia perfectamente deseñada para exercer un férreo control político sobre estes centros, cunha absoluta falla de respeto á autonomía local é a propia liberdade dos pais, e antepoñendo as consideracións de tipo ideolóxico ás verdadeiras necesidades.

 

A VICEPRESIDENCIA DA IRREALIDADE E DA PROPAGANDA

Para poñer de manifesto o moito de propaganda e o pouco de eficacia que se desvela en todo o asunto das Galescolas, a pesar dos reiterados intentos do Sr.Losada por dar a entender o contrario, o PPdeG desvelou o resultado dun estudo comparativo entre sucesión de anuncios efectuados persoalmente polo vicepresidente da Igualdade no descurso dunha xira efectuada o ano pasado polas catro provincias para presentar o proxecto inicial das galescolas, e as que finalmente se porán dacordo cos datos suministrados dende a propia Xunta de Galicia.

A comparación desa documentación revela numerosas diferenzas entre os anuncios propagandísticos efectuados por Quintana -104 galescolas e 5.746 novas prazas para Galicia- e a programación real efectuada polo Consorcio a data de hoxe, case no ecuador da lexislatura, reducindo as previsions a 23 galescolas e 873 prazas adicionais en toda a Comunidade, como se pode comprobar no seguinte cadro.

 

 

Anuncios Quintana
Programación real Consorcio

 

 

Centros
Prazas
Centros
Prazas
A Coruña
37
2.173
6
352
Lugo
17
752
2
61
Ourense
18
949
5
163
Pontevedra
32
1.872
10
297
Galicia
104
5.746
23
873
             

 

Á vista destes datos dedúcese que a Xunta só construirá o 22,1% das galescolas que anunciou Quintana e que as prazas comprometidas inicialmente quedarán reducidas a tan só o 15,19% do total anunciado.

Os populares galegos interpretan que as galescolas se convertiron na desculpa que permitiu ao secretario de Relacións Institucionais, Antón Losada, artellar unha campaña de propaganda para promocionar a un Quintana permanentemente cuestionado pola formación nacionalista.