Partido Popular de Lugo

O VETERINARIO JOSÉ LÓPEZ FERNÁNDEZ CANDIDATO DO PP Á ALCALDÍA DE CERVANTES

Venres, 16 de febreiro de 2007.- O Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, participou esta noite no acto de presentación oficial do candidato do PP de Cervantes. A cea, que se celebrou nun establecemento hostaleiro das Pontes de Gatín,  contou coa presenza dos membros da xunta local, concelleiros e numerosos simpatizantes e afiliados. Entre outros estaban  os alcaldes de Navia de Suarna, Barralla.

O Presidente Provincial amosou o seu “máis absoluto convencemento de que o Partido Popular gobernará en Cervantes, aspiramos a conseguir, como mínimo, 5 concelleiros neste municipio”. José Manuel Barreiro destacou “a ilusión e capacidade de traballo” de José López Fernández, “un candidato de consenso que se estrena no mundo da política con ganas de aportar moita enerxía e optimismo ao proxecto do Partido Popular de Cervantes”.

Candidato de Cervantes.-

O candidato do PP á alcaldía de Cervantes é natural de Bustelo, na parroquia de Castro, Cervantes.  José López Fernández leva dende o ano 1994 traballando como veterinario clínico no concello. Pese a súa xuventude, (ten 37 anos), coñece á perfección cada recuncho do seu concello, non só pola súa profesión que o mantén en permanente contacto cos distintos núcleos do concello senon tamén polo traballo que desempeñou, durante varios veráns, cando era estudante, nas brigadas de montes e os equipos municipais para limpezas de camiños.

José López Fernández se estrena no mundo da política con moita enerxía e optimismo, afirma que pode aportar ao proxecto do Partido Popular de Cervantes “ilusión e capacidade de traballo”.

O candidato tamén referiuse á declaración da reserva de biosfera dos Ancares comprometéndose a que este título redunde en beneficio dos veciños do seu municipio “negociaremos as mellores condicións”.

Outra das  prioridades do candidato, é aumentar e mellorar as prestacións sociais deste municipio “Cervantes ten unha poboación maior, máis de 700 dos 1.914 veciños, teñen máis de 60 anos. Moitos deles teñen que, salvar distancias de máis de 40 quilómetros,  para acudir ao Centro Médico de San Román. Por iso á hora de presentar o noso programa terémolos moi en conta, e faremos propostas específicas para eles”.

O candidato do PP de Cervantes tamén fixo fincapé na necesidade de incrementar a frecuencia da recollida de lixo así como achegar este servizo a todos os lugares, e máis comprometeuse a mellorar o alumeado.

PRENSA
PARTIDO POPULAR