Partido Popular de Lugo

JOSÉ MANUEL BARREIRO ANIMOU AOS CABEZAS DE LISTA A REPETIR OU MELLORAR OS RESULTADOS DAS ÚLTIMAS MUNICIPAIS

Sábado, 10 de febreiro de 2007.- José Manuel Barreiro  animou aos candidatos da terra Chá a traballar para seguir sendo a forza maioritaria da comarca e repetir o resultado acadado nas últimas eleccións municipais. Excepto en Vilalba e Begonte nos outros catro municios repiten os cabeza de lista.

Barreiro recoñeceu a valía dos candidatos, todos eles con experiencia municipal e acostumados a estar sempre “no ollo do furacán”. O Presidente Provincial asegurou que os alcaldables son a mellor “garantía” do éxito do proxecto do PP.

José Manuel Barreiro referiuse a  Vilalba como unha vila que ten un futuro de progreso real,  polos traballos feitos, polos gobernos do PP, durante os últimos anos. “No próximo mandato debemos  centrarnos na xeración de emprego a través do desenvolvemento do polígono industrial, o trazado da transcantábrica, e a autovía de Vilalba-Ferrol.”

En Begonte avogou por centrar  esforzos en “fixar poboación, apostar polo mantemento do sector agrogandeiro e que este sexa compatible coa potenciacion do sector industrial”.

En Muras, Xermade e Cospeito coincidiu cos candidatos en que hai que “seguir traballando” para concluir os proxectos iniciados, en canto ao concello de Guitiriz dixo que o 27 de maio  terá alcaldesa do PP.

Por último o Presidente Provincial amosou o seu convencemento de que os veciños da chaira non se deixarán enganar “por forzas políticas que están a hipotecar o seu futuro”. Puxo como exemplo a parálise  e retraso do proxecto da autovía Ferrol e Vilalba solicitando que o tramo de Vilalba-Cabreiros se poña en servizo no vindeiro anos 2008, tendo en conta que o Goberno central comprometeuse en 2003 por escrito, a pagar o tramo Cabreiros-Vilalba, na autovía entre Ferrol e Vilalba e ter rematada a obra no ano 2006.

Durante o acto de presentación que se desenvolveu, este mediodía, no Parador de Vilalba, José Manuel Barreiro  pediu un esforzo de todos para  promover unha campaña de movilización que implique á cidadanía da comarca co traballo que realiza o partido.

CANDIDATOS TERRA CHÁ.-

Candidato de Vilalba.- Gerardo Criado Guizán.-

Ainda que leva doce anos escoitando e dando solucións aos problemas dos veciños de Vilalba esta é a primeira vez que Gerardo Criado Guizán encabeza a candidatura do PP. Ten xa a  experiencia da alcaldía porque hai dous anos, que ocupou o sillón da presidencia, cando Agustín Baamonde, foi designado deputado autonómico. Antes tivo responsabilidades, como concelleiro, na área de deportes e economía.

Gerardo Criado é un home que traballa en equipo. Está convencido  que no próximo mandato o PP conseguirá aumentar o número de concelleiros, (na actualidade o PP vilalbés ten 11 de 17).

Criado Guizán foi Xefe Provincial de Servicio de Sanidade Animal. É licenciado en veterinaria, e sacou a plaza de funcionario na Xunta de Galicia. Ten 50 anos. Está casado e con dous fillos.

Candidato de Begonte.- José Ulla Rocha.-
José Ulla Rocha é a nova cara do PP de Begonte. Este veterinario, de 36 anos, leva xa 8 anos en activo na política municipal. O seu reto é manter os resultados das últimas eleccións.

No primeiro mandato  foi  primeiro tenente de alcalde, e na actualidade é o 2º tenente de alcalde. O candidato asumiu distintas responsabilidades en áreas como a de agricultura, xuventude, cultura, policia urbana entre outras.

Ulla Rocha exerce, dende hai 14 anos, como veterinario no concello de Begonte. É natural de San Vicente de Pena reside, na actualidade, na parroquia de Saavedra.

Candidata Guitiríz.-  María José Vazquez Lorenzo.-
María José Vázquez Lorenzo expresou, durante a súa intervención,  a súa intención de gobernar en Guitiriz e puntualizou que  afronta esta nova etapa con “ilusión e responsabilidade”.

A candidata foi alcaldesa entre os anos 1995 ata o 2003. Na actualidade é a voceira do Grupo Municipal do PP.

Ata que entrou na alcaldía, traballou en Buriz nun negocio familiar.

Candidato de Cospeito.- Armando Castosa Alvariño.-Armando Castosa Alvariño está en plena madurez política. Aos 27 xa era alcalde do PP. Afirma estar no seu mellor momento, con ampla experiencia e con forza dabondo para continuar con  iniciativas e proxectos importantes para seguir dotando a Cospeito das mellores infraestruturas, equipamentos e servicios.

De todos é ben coñecida a súa capacidade de traballo e xestión e a súa cercanía cos veciños.

Armando Castosa ten un profundo coñecemento da administración local, pola súa experiencia profesional  (é funcionario de Carreira de Administración Local), está casado e ten un fillo.

Candidato de Xermade.- Tomás Rodríguez Guizán.-
Tomás Rodríguez Guizán encabeza por segunda vez á candidatura do PP do concello de Xermade. O alcaldable, reside na parroquia de Roupar e como bo empresario, (é propietario empresa de transporte) quere completar  os proxectos que iniciou.

Rodríguez Guizán está casado,  e ten tres fillos.

Candidato de Muras.- Issam Alnagm Azzam .-
O alcalcaldable de Muras chegou ao concello por motivos profesionais. No ano 1989 foi destinado como médico para o Centro de Saude do municipio.

Issam presume da evolución deste pequeño núcleo, xa son 4 mandatos como alcalde e afirma que se volve a presentar outra vez para terminar os proxectos empezados.
 

PRENSA
PARTIDO POPULAR