Partido Popular de Lugo

MANUEL LÓPEZ ARMESTO RELEVARÁ A CARLOS BELÓN EN SAMOS

Mércores, 7 de febreiro de 2007.- José Manuel Barreiro, vaticinou uns bos resultados en Samos o 27 de maio, “estou convencido que os veciños do municipio valorarán todo o que se traballou, dende a administración máis cércana, para mellorar o concello baixo as directrices de Carlos Belón”.

O Presidente Provincial destacou a renovación que o PP levará a cabo neste municipio “foi un proceso que se enmarcou na máis absoluta normalidade, de feito o espíritu de colaboración reflíctese nesta presentación conxunta, que marca unha nova etapa na que non faltará a colaboración estreita entre o candidato e o alcalde saínte”.

José Manuel Barreiro, aproveitou a presentación do candidato do PP de Samos para referirse á estratexia de confusión que está a por en práctica o PSOE, pasando por alto as discrepancias internas que se están a coñecer, nestes últimos días, relativas aos procesos de designación dos seus candidatos ás alcaldías. “Un exemplo témolo aquí mesmo, en Samos onde hai unhas semanas os socialistas se postulaban como rivais de peso diante do PP todo quedou nunha mera declaración de intencións”.

O Presidente Provincial advertiu aos seus contrincantes que o PP está tranquilo e que non vai entrar no xogo de insultos que o PSOE está a utilizar co obxetivo de descalificar aos candidatos populares. “A nosa defensa é a palabra e non o insulto; mentres o PSOE utiliza as descalificacións nós seguimos avanzando na elaboración de programas, sempre contando coa opinión dos veciños de cada concello, de cada vila, de cada aldea”.

O PSOE carece dun proxecto para o conxunto da provincia, proba da inconsistencia e ambigüidade da súa mensaxe é que os socialistas “son incapaces de poñerse dacordo” para decidir quen vai ser o candidato á deputación.

Peche dun ciclo.-
Carlos Belón explicou que rematou un ciclo da súa vida e cre que “hai que deixar paso á xente nova”. O alcalde recoñeceu que estes 20 anos ao fronte do concello de Samos foi unha das etapas máis bonitas da súa vida “xubileime hai un mes e agora, con 61 anos, xa toca disfrutar da familia”.

Do candidato, compañeiro de corporación, destacou o seu “carácter emprendedor e a súa disposición a traballar”.

Na súa intervención tamén dixo marchar tranquilo e satisfeito  porque o proxecto que iniciou no seu día se cumplira ao 100%. Carlos Belón tamén quixo agradecer, dun xeito especial, a todos os veciños de Samos a confianza que depositaron nel, elección tras elección, un apoio que o animou a traballar en prol do municipio.

Perfil candidato de Samos.- Manuel López Armesto .-

O candidato do PP de Samos de 49 anos, está casado, e ten un fillo e unha filla. Manuel López Armesto é gandeiro, e ten unha explotación de vacas de leite no municipio.

O alcaldable é unha persoa moi coñecida xa que participa activamente con varias cooperativas agrícolas. Na actualidade forma parte do equipo de goberno de Carlos Belón, ocupándose da Delegación de agricultura e medio rural.

A súa primeira experiencia na política municipal, foi no ano  1987, da man de Alianza Popular. Logo despois dunha paréntese volve a presentarse na lista de Carlos Belón no posto número 7.

Manuel López Armesto recoñece que “é unha responsabilidade grande presentarse como alcaldable por Samos porque Carlos Belón deixou o listón moi alto”, o alcaldable manifestou ter moita ilusión e ganas de traballar. Sobre o seu equipo avanzou que haberá unha renovación importante da lista, e tamén deixou claro que haberá un traballo estreito cos membros do actual equipo de goberno que non repitan na lista.

PRENSA// PARTIDO POPULAR