Sábado, 2 de febreiro de 2007.- O Presidente Provincial do Partido Popular, e candidato á presidencia da deputación, José Manuel Barreiro, participou este mediodía no acto de presentación dos candidatos ás alcaldías de Xove, Ourol, O Vicedo e Viveiro.
José Manuel Barreiro amosou o seu convencemento de que o Partido Popular seguirá sendo a forza maioritaria na provincia.
Durante a súa intervención o Presidente Provincial animou aos catro candidatos e os seus respectivos equipos de traballo para que acheguen a mensaxe do Partido Popular a todos os recunchos “todas as campañas son duras, todos queremos ser os máis votados. A diferencia está no modo de achegarse á xente. Nós, xa o dicimos agora, alto e claro, rexeitamos calquera estratexia baseada na calumnia e nas mentiras”.
José Manuel Barreiro dixo estar confiado en que “co perfil, e as características dos candidatos que, nas últimas semanas está presentando na provincia, o Partido Popular continuará gobernando na Deputación Provincial”.
José Manuel Barreiro aludiu “as dificultades do PSOE para designar un candidato para ocupar á presidencia da deputación”. Segundo subliñou o Pte Provincial do PP “esta indefinición responde, por un lado, ás dificultades que a nivel interno que teñen os socialistas, xa que para este posto hai tres posibles candidatos. (voceiro actual da deputación, tenente de alcalde do concello de Lugo, o concelleiro de urbanismo).
O outro o motivo desta indefinición é que o PSOE sabe que o ten moi complicado para conseguir os apoios necesarios para acceder á Deputación.
Por último, o Presidente Provincial tamén se referiu á “osadía” do Secretario de Organización do PSOE, José Blanco, quen recentemente dixo, nun acto en Monforte, que a súa palabra valía máis que a de Fomento “ pero mentres tanto as infraestructuras non veñen”, sentenciou Barreiro.
PERFIL CANDIDATOS.-
O secretario comarcal do PP, o senador César Aja, foi o encargado de abrir o acto e presentar aos catro candidatos ante os máis de 350 afiliados e simpatizantes do PP.
Candidato PP . Concello de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa.-
Demetrio Salgueiro Rapa, con 35 anos de idade, é o máis novo dos candidatos da mariña occidental. Natural da parroquia de Lago, é licenciado en económicas e traballa dende hai oito anos como Axente de desenvolvemento local.
Candidato do PP en Xove, Demetrio Salgueiro Rapa
Demetrio Salgueiro Rapa, con 35 anos de idade, é o máis novo dos candidatos da mariña occidental. Natural da parroquia de Lago, é licenciado en económicas e traballa dende hai oito anos como Axente de desenvolvemento local.
O alcaldable de Xove formou parte da candidatura que o PP presentou nas anteriores eleccións municipais. Dende o pasado mes de xuño preside a xestora do partido
O candidato confía en que os seus veciños volverán a apoiar o proxecto do PP.
Candidato do PP en Ourol . Marcial Sanjurjo Fernández
O substituto do actual alcalde, Guillermo Salgueiro, é tamén un político de reputación no concello. Marcial Sanjurjo Fernández é médico no Centro de Saúde de Ourol “moi querido e recoñecido tanto pola súa valía profesional como social”. O candidato, de 50 anos de idade, ten unha ampla experiencia política xa que participou activamente, asumindo distintas responsabilidades nos dous últimos mandatos.
Candidato do PP en O Vicedo Jesús Novo
É o veterano dos candidatos que hoxe se presentaron na Mariña. Dende febreiro de 2001 ocupa o sillón da alcaldía, pero a sua andaina na política comeza moito máis atrás, sendo esta a quinta ocasión na que se presenta como integrante das listas do PP, nesta ocasión repite como cabeza de lista.
Candidato do PP en Viveiro.- Guillermo Leal Arias
Guillermo Leal Arias da por feito que en Maio o Partido Popular recuperará a alcaldía de Viveiro. Leal Arias leva dende o ano 1999 na política activa, primeiro como Concelleiro de Facenda e agora fiscalizando as contas do concello dende a oposición.
O alcaldable do PP é asesor fiscal, ten 41 anos, e afirma que liderará un equipo que con “ilusións renovadas” que defenderá un estilo diferente de gobernar, afastado da crispación e o enfrotamento continuo que se vive na actualidade en Viveiro: “hai que traballar xuntos para que o noso concello ocupe o lugar que merece, queremos ser a punta da mariña e nós faremos unha aposta forte polo progreso e a modernización do municipio”.
PRENSA
PARTIDO POPULAR