Partido Popular de Lugo

O PP PIDE Á XUNTA QUE SE DEIXE DE ENREDAR E BUSQUEN SOLUCIÓNS ÁS EXPLOTACIÓNS DE CUARZO DA TERRA CHÁ

Venres, 2 de febreiro de 2007.- O Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes  dos cinco concellos chairegos afectados pola explotación de tres xacementos de cuarzo na comarca. Nesta xuntanza tamén participou o ex Director de calidade ambiental José Manuel Alvarez Campana quen ofreceu  explicacións técnicas sobre estas explotacións.

Na comparecencia posterior diante dos medios o Presidente Provincial  criticou aos represetantes do PSOE por apoiar a súa estratexia política na mentira e calumnia.

José Manuel Barreiro explicou que cando hai unha petición dunha actividade á Consellería de Medio Ambiente “por lei” ten que cumplir unha serie de trámites administrativos. O Presidente Provincial aclarou que a declaración de impacto ambiental é un tramite técnico, que non é vinculante, e no que non caben as interferencias políticas.

A administración que concede a autorización é a Consellería de Innovación de Industria, quen estimou, en setembro de 2006, que os trámites se axustaban á normativa, xa que a declaración medioambiental non é vinculante.

O deputado provincial, Agustin Baamonde,  acusou ao secretario provincial do PSOE  Lago Lage de practicar o “cainismo” primeiro, por utilizar a malicia como arma política, e segundo, porque trata de matar ao seu socio de goberno.

Dende o Partido Popular piden ao secretario provincial do PSOE que en lugar de enredar   se sume ao consenso xeralizado para dar unha solución ao problema xa que en vez de resolverlo estao  complicado.
Por último José Manuel Barreiro sentenciou “quen creou o problema foi este  goberno e é el quen o ten que resolver”. 

PRENSA / PARTIDO POPULAR