Partido Popular de Lugo

O PPdeG DEMANDARÁ NO PARLAMENTO A CONSTRUCCIÓN DE CADANSÚA RESIDENCIA XERIÁTRICA EN BECERREÁ E A FONSAGRADA

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2006.- O Grupo Parlamentario Popular de Galicia demandará na Cámara autonómica que a Xunta constrúa candansúa residencia xeriátrica nas localidades lucenses de Becerreá e A Fonsagrada, con prazas suficientes para atender as necesidades destas dúas comarcas.

 

Nunha proposición non de lei asinada polas deputadas populares Manuela López Besteiro e Susana López Abella, o PPdeG xustifica esta demanda argumentando que tanto Becerreá como A Fonsagrada pertencen á alta montaña lucense, caracterizada por presentar unha elevada dispersión e envellecemento da poboación que reside nesas áreas.

 

A necesidade de construír estes dous centros xeriátricos tamén se xustifica polo feito de que tanto A Fonsagrada como Becerreá actúan como cabeceiras de comarca que concentran os servizos de numerosos concellos  limítrofes. Nos dous casos, existe un notable déficit, non cuberto, de prazas residenciais para a terceira idade.

 

No caso de Becerreá, esta demanda foi asumida por unanimidade por todos os grupos políticos municipais, con independencia da ideoloxía de cada un deles, co alcalde á cabeza.