Sábado, 16 de decembro.- Angel Cao Pérez encabezará a lista que presentará o PP no concello de Foz. O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto con outros cargos do partido da Mariña arroupaban, esta mañá, ao alcaldable popular no acto de presentación que se levou a cabo na sede local.
José Manuel Barreiro explicou que o proceso de designación do candidato levouse a cabo polos cauces habituais que marca o partido, e tras un debate interno, a proposta de Angel Cao Pérez se aprobou por unánime tanto por parte do comité executivo, como da xunta local. A decisión se adoptaba no transcurso dunha xuntanza que se celebrou na tarde do vernes.
Para Barreiro a unanimidade alcanzada é o mellor punto de partida para iniciar o traballo, o Presidente Provincial eloxiou a capacidade do candidato “trátase dunha persoa con experiencia e con grande capacidade de formar equipo e coordinar o traballo”.
Traxectoria candidato.-
Angel Cao Pérez conta coa veteranía que adquiriu durante os oito anos que estivo no concello, no período comprendido entre o 1991-1999. Co goberno do PP, foi o responsable da área de turismo e deporte. Nestes últimos anos o candidato seguiu colaborando moi activamente cos seguintes equipos que se presentaron.
Este focense de 47 anos está moi vinculado as actividades deportivas e foi presidente de dous clubes locais de baloncesto durante 7 anos.
Para Angel Cao Pérez estas son as eleccións máis importantes, xa que do resultado que se obteña nas urnas “depende a solución dos problemas cotiás dos focenses”. Por iso o candidato expresou o seu optimismo de cara a batalla electoral “seremos os vencedores nas eleccións do 27 de Maio”, puntualizou.
Ao acto de presentación do candidato de Foz, asistiu ademáis do Presidente Provincial, o deputado da mariña José Manuel Balseiro, o coordinador de zona Luis Rego e o actual voceiro do Grupo Popular focense.
PRENSA
PARTIDO POPULAR